Pensiones
Pensións
Pensionistas:
-
Non se verán afectadas. En virtude da lexislación española, as pensións contributivas de seguridade social abónanse aos seus titulares independentemente de onde residan. Que o Reino Unido sexa ou non parte da UE non afecta esta cuestión.
-
Si, as pensións recoñecidas antes da finalización do período transitorio (31de decembro de 2020) seguirán sendo satisfeitas de acordo co principio de exportabilidade previsto na normativa europea.
En todo caso, cando se cumprisen períodos na outra parte antes do 31 de decembro de 2020, a pensión que se recoñeza xa sexa con anterioridade ou posteridade a tal data, será tamén exportable en virtude deste mesmo principio.
As pensións recoñecidas nos termos do Protocolo de Coordinación da Seguridade Social ao abrigo do Acordo de Comercio e Cooperación entre a Unión Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica, por un lado, e o Reino Unido da Gran Bretaña e da Irlanda do Norte, por outro, son tamén exportabades.
-
Si, polo mesmo motivo exposto no apartado anterior.
-
Si, polo mesmo motivo exposto no apartado anterior.
Futuros dereitos de pensión
-
Os períodos traballados noutros Estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo e en Suíza, sexan anteriores ou posteriores á retirada do Reino Unido, vanse computar nos termos previstos no Acordo de Retirada e por tanto aplicaranse as Regulamentos Comunitarios de coordinación de sistemas de seguridade social.
-
Nota Previa:Trátase de cotizacións ao sistema español de Seguridade Social, sen máis elemento transnacional que a nacionalidade do traballador. Por tanto, este tema non depende das normas internacionais de coordinación, senón da lexislación española que, ademais, non establece ningunha discriminación por razón da nacionalidade dos traballadores a efectos do acceso ás pensións contributivas de Seguridade Social.
Todos os períodos debidamente cotizados por un nacional británico en España teranse en conta para o recoñecemento dunha futura pensión en España.
-
O Protocolo de Coordinación da Seguridade Social contempla a totalización dos períodos de cotización realizados na outra Parte para o recoñecemento da pensión de xubilación, por tanto, permite que se teñan en conta eses anos de traballo no Reino Unido para a súa futura pensión.




