Asistencia sanitaria
Asistencia sanitaria
Información dirixida aos cidadáns de Reino Unido
O acceso ao sistema sanitario público español das persoas con dereito á asistencia sanitaria a cargo das entidades sanitarias británicas (NHS) tras a retirada do Reino Unido da Unión Europea está garantido ata o 31 de decembro de 2020 polo Acordo de Retirada consensuado en novembro de 2019 entre a UE e o Reino Unido e a partir do 1 de xaneiro de 2021 polo Protocolo de Coordinación Seguridade Social do Acordo de Comercio e Cooperación entre a Unión Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica, por unha banda, e o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, pola outra parte.
Turistas do Reino Unido en España
-
Si, o protocolo de coordinación de seguridade social do Acordo de Comercio e Cooperación entre a Unión Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica, por unha banda, e o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, pola outra banda prevé esta cobertura coa Tarxeta Sanitaria Europea británica (UK EHIC) ou a Tarxeta Sanitaria Global (GHIC). Contacte coa institución británica para coñecer que documento acreditativo dos seus dereitos lle van expedir.
Estudantes nacionais do Reino Unido en España
-
En principio, ten o dereito de recibir coidados de saúde; mais, mentres esta cuestión se refire á cobertura a cargo do Reino Unido, non é posíbel fornecer informacións exactas sobre os mesmos.
Traballadores nacionais do Reino Unido residentes en España
-
A lexislación española garante a asistencia sanitaria a todos os traballadores de alta na lexislación española, sen facer ningunha diferenciación por nacionalidade. Neste caso, o recoñecemento do dereito é automático e por tanto vostede non terá que realizar ningún trámite.
Será atendido nos centros sanitarios que integran o Sistema Nacional de Saúde presentando a tarxeta sanitaria expedida ó seu favor pola Comunidades Autónomas do seu lugar de residencia.
As tarxetas sanitarias anteriores á data de retirada seguirán vixentes e terán plena eficacia para recibir asistencia sanitaria en España, mentres manteña a súa situación.
-
Si, un familiar dun nacional do Reino Unido que traballa legalmente en España, ten dereito a asistencia sanitaria sempre que estea autorizado a residir e resida efectivamente en España.
Aplícase aos descendentes do traballador que sexan menores de 26 anos ou maiores incapacitados sempre que estean a cargo e convivan co traballador, así como ao seu cónxuxe ou parella de feito.
-
As persoas titulares da tarxeta sanitaria española ou os que se atopen temporalmente en España, ou residan en España e acrediten ter dereito á asistencia sanitaria a cargo do Reino Unido non teñen que pagar por ser atendidos no sistema sanitario público español, xa que o custo da súa asistencia estará a cargo de España ou do Reino Unido, que reembolsará os gastos ao Estado español.
O farmacéutico só terá que asumir ao seu cargo o copagamento asegurado que corresponda.
-
Aos visitantes estranxeiros que non dispoñan de tarxeta sanitaria do Sistema Nacional de Saúde español ou non acheguen un documento acreditativo da cobertura sanitaria a cargo das entidades británicas, o Sistema Nacional de Sanidade español poderá cobrarlles polos servizos prestados.
-
Non se verán afectados.
Traballadores nacionais do Reino Unido desprazados polos seus empregadores a traballar a España
-
Si, tanto o Acordo de Retirada como o Protocolo de Seguridade Social garanten que se apliquen regras de coordinación similares aos Regulamentos Comunitarios. Unha empresa pode enviar un traballador a outro país mantendo as cotizacións no país de orixe.
Como traballador desprazado pode traballar temporalmente nun país da UE e seguir de alta na seguridade social británica por un período de dous anos durante os cales os seus dereitos de seguridade social, incluída a prestación sanitaria mantense invariable.
Pensionistas nacionais do Reino Unido con cargo á Seguridade Social británica residentes en España
-
Non se verá afectado o seu dereito á asistencia sanitaria, seguirán aplicándose os Regulamentos Comunitarios.




