Contrataciones en origen - Migracións
Traballar en España- Contratacións en orixe
As contratacións en orixe permiten a xestión simultánea dunha pluralidade de autorizacións, presentadas por un ou varios empregadores, respecto de traballadores seleccionados nos seus países, coa participación, se é o caso, das autoridades competentes. As ofertas de emprego realizadas a través deste procedemento orientaranse preferentemente cara aos países cos que España asinase acordos sobre regulación de fluxos migratorios.
Relación de follas informativas
- Folla 24- Xestión colectiva de contratacións en orixe
- Folla 25- Autorización de residencia e traballo para a migración estable (Xestión colectiva de contratacións en orixe, GECCO 2025)
- Folla 26- Autorización de residencia temporal e traballo para actividades de tempada en migración circular. (Xestión Colectiva de Contratacións en Orixe, GECCO 2025)