Hoja 24 - Gestión colectiva de contrataciones en origen - Migracións
Folla 24- Xestión colectiva de contratacións en orixe
*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.
Última actualización: maio de 2025
Índice de contidos
- Tipo de autorización
- Normativa básica
- Requisitos
- Procedemento
- Países cos que España asinou Acordos sobre regulación e ordenación de fluxos migratorios
- Países cos que España asinou instrumentos de colaboración nesta materia
AUTORIAutorización
A xestión colectiva de contratacións en orixe é o procedemento para a concesión de múltiples autorizacións iniciais de residencia e traballo ou de múltiples autorizacións de residencia e traballo para actividades de tempada de maneira simultánea respecto daquelas persoas traballadoras estranxeiras que non se atopen ou residan en España a través da súa tramitación colectiva en orixe a partir das ofertas presentadas por un ou varios empresarios.
NORMATIVA BÁSICA
- Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 39).
- Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 100 a 123)
- Orde ISM/1488/2024, do 27 de decembro, pola que se regula a xestión colectiva de contratacións en orixe para 2025.
REQUISITOS
- A Administración:
- O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións poderá aprobar a correspondente Orde de Xestión colectiva de contratacións en orixe, coa previsión das ocupacións e, se é o caso, da cifra de postos de traballo que se poderán cubrir en orixe nese ano.
En concreto, a Orde Ministerial poderá incluír:
- As ocupacións
- As cifras dos postos de traballo de carácter estable (contratos de traballo dun ano).
- Cifras de postos de traballo de tempada, que poderán ser cubertos a través deste procedemento por persoas traballadoras estranxeiras que non se achen ou residan en España.
- Supostos nos que será posible tramitar ofertas nominativas.
- Número de visados para busca de emprego dirixidos a fillos ou netos de españois de orixe, así como número de visados para a procura de emprego limitados a determinadas ocupacións e ámbitos territoriais.
- En todo caso, establecerá o procedemento para a contratación dos traballadores.
- Ao longo do ano poderase revisar o número e distribución das ofertas de emprego admisibles para adaptalo á evolución do mercado de traballo.
- Transcorrido o ano, se as contratacións foron menos das previstas,poderase prorrogar a vixencia da cifra que reste.
- Os traballadores:
- Non estar nin residir en España.
- Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza,ou familiar de cidadán destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
- Carecer de antecedentes penais en España e nos seus países anteriores de residencia, durante os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
- Non figurar como rexeitable no espazo territorial de países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
- Non atoparse, se é o caso,dentro do prazo de compromiso de non retorno a España que a persoa estranxeira asumise ao retornar voluntariamente ao seu país de orixe.
- Que a Orde correspondente pola que se regula a xestión colectiva de contratacións en orixe permita a contratación da persoa traballadora estranxeira.
- Non padecer ningunha das enfermidades que poden ter repercusións de saúde pública graves,de conformidade co disposto no Regulamento Sanitario Internacional de 2005.
- En postos de traballo de tempada,compromiso de retornar ao país de orixe.
- Os empregadores:
- Presentar ofertas xenéricas, nas que os traballadores se seleccionen nos seus países de orixe, que serán preferentemente cos que España asinase acordos sobre regulación e ordenación de fluxos migratorios.
- As ofertas poderán ser presentadas polos empregadores ou por quen teña a representación legal que, neste caso, tamén poden ser organizacións empresariais.
- Os contratos de traballo deberán ser asinados e conter, ademais dos elementos esenciais que esixe a norma, unha previsión do salario neto que percibirá o traballador.
PROCEDEMENTO
- A Orde do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións pola que se regule a Xestión colectiva de contratacións en orixe para o ano correspondente establecerá o procedemento para a tramitación das ofertas.
- Proceso de selección:
- Poderán participar os empregadores directa ou indirectamente sempre que o soliciten, representantes da Dirección Xeral de Xestión Migratoria, e en calidade de asesores e cando as Administracións de ambos os países o soliciten, representantes das organizacións sindicais e empresariais máis representativas españolas ou do país no que se desenvolva o proceso de selección.
- O empregador solicitante deberá estar inscrito no réxime do sistema de Seguridade Social e encontrarse ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
- Poderanse desenvolver cursos de formación en España ou nos países de orixe dirixidos aos traballadores seleccionados.
- Visado de residencia e traballo dos traballadores:
- O prazo máximo para presentar a solicitude é de dous meses seguintes á notificación da resolución de concesión da autorización temporal de residencia e traballo.
- O traballador ou traballadora, ou, no seu nome, o empregador ou a empregadora, a organización empresarial ou os e as representantes debidamente acreditados presentarán ante a Misión Diplomática ou Oficina Consular competente a solicitude do visado.
A designación de representante para este trámite, cando sexa distinto dos anteriormente mencionados, efectuarase no documento establecido como anexo II na Orde ISM/1488/2024, do 27 de decembro, que poderá selarse pola área, dependencia ou Oficina de Estranxeiría, pola Dirección Xeral de Xestión Migratoria, a Consellería ou Sección de Traballo, Migracións e Seguridade Social da Misión Diplomática de que se trate ou pola Oficina Consular onde deba presentarse.
Á solicitude xuntarase de forma agrupada a seguinte documentación:
- Impreso oficial de solicitude de visado nacional asinado polo interesado ou interesada ou polo seu representante.
- Unha fotografía recente, de tamaño carné, a cor.
- Pasaporte ordinario ou título de viaxe, recoñecido como válido en España, con vixencia mínima dun ano.
- Certificado de antecedentes penais expedido polas autoridades do país de orixe ou do país ou países en que residise, durante os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
- Certificado médico.
- Resolución de concesión da autorización de residencia temporal e traballo.
- Contrato asinado por ambas partes.
- No caso de migración circular, compromiso de retorno asinado pola persoa traballadora.
- No caso de presentación da solicitude a través de representante, documento que acredite a dita representación.
- Pagamento da taxa de visado e xustificante do pagamento das demais taxas esixibles.
- O visado será emitido pola autoridade consular nun prazo máximo de cinco días. Excepcionalmente, este prazo poderá ampliarse ata un máximo de quince días cando o elevado número de solicitudes o faga imprescindible.
- A vixencia do visado: Nunha actividade de tempada, o visado poderá expedirse pola duración do período de actividade anual autorizado.
- En actividades estables, será igual ao período autorizado para residir e traballar por conta allea, co límite máximo dun ano no caso de que a autorización se conceda por un período superior.
- Eficacia da autorización de residencia e traballo:
- En actividades de tempada, o empregador deberá proceder á alta no réxime correspondente da Seguridade Social no prazo máximo de tres días desde a entrada en España da persoa traballadora. Se o empregador non lle dese de alta ó traballador neste prazo poderase acorda-la retirada da autorización e declara-la súa extinción.
- En actividades de carácter estable, en tres meses desde a entrada deberá producirse a alta no correspondente réxime de Seguridade Social.
https: / / @extranjeros.inclusion.gob.es/InformacionInteres/InformacionProcedimientos/Ciudadanos nocomunitarios/hoja052/index.html
PAÍSES COS QUE ESPAÑA FIRMA ACORDOS SOBRE REGULACIÓN E ORDENACIÓN DE FLUXOS MIGRATORIOS
- Colombia
- Ecuador
- Honduras
- Guatemala
- Marrocos
- Mauritania
- República Dominicana
- Ucraína
PAÍSES COS QUE ESPAÑA FIRMA INSTRUMENTOS DE COLABORACIÓN NESTA MATERIA
- Gambia
- Guinea
- Guinea Bissau
- Cabo Verde
- Senegal
- Malí
- Níxer
- México
- O Salvador
- Filipinas
- Paraguai
- Arxentina