Hoja 26 - Autorización de residencia temporal y trabajo para actividades de temporada en migración circular. (Gestión Colectiva de Contrataciones en Origen, GECCO 2025) - Migracións
Folla 26- Autorización de residencia temporal e traballo para actividades de tempada en migración circular. (Xestión Colectiva de Contratacións en Orixe, GECCO 2025)
*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.
Última actualización: maio de 2025
Índice de contidos
- Tipo de autorización
- Normativa básica
- Requisitos
- Documentación esixible
- Procedemento
- Chamamentos das persoas titulares da autorización durante a vixencia da autorización plurianual
- Prórroga da actividade laboral
- Renovación da autorización tras a finalización da súa vixencia
- Modificación das autorizacións de migración circular a autorizacións de residencia e traballo
- Países cos que España asinou Acordos sobre regulación e ordenación de fluxos migratorios
- Países cos que España asinou instrumentos de colaboración nesta materia
AUTORIAutorización
É unha autorización de residencia e traballo de carácter temporal que habilita a traballar por un período máximo de nove meses nun ano natural, para un único empregador/a, baseada nunha contratación fixo-descontinua, para atender á cobertura de postos con natureza estacional, de tempada ou de prestación intermitente con períodos de execución certos.
A duración desta autorización é catro anos e a súa vixencia estará supeditada ao mantemento das condicións que xustificaron a súa concesión.
NORMATIVA BÁSICA
- Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 39).
- Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 100 a 123)
- Orde ISM/1488/2024, do 27 de decembro,pola que se regula a xestión colectiva de contratacións en orixe para 2025.
REQUISITOS
- Os traballadores:
- Non estar nin residir en España.
- Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadán destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
- Carecer de antecedentes penais en España e nos países onde residise os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
- Non figurar como rexeitable no espazo territorial de países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
- Non atoparse, se é o caso,dentro do prazo de compromiso de non retorno a España que a persoa estranxeira asumise ao retornar voluntariamente ao seu país de orixe.
- Non representar unha ameaza para a orde pública, a seguridade ou a saúde pública.
- Non padecer ningunha das enfermidades que poden ter repercusións de saúde pública graves, de conformidade co disposto no Regulamento Sanitario Internacional de 2005.
- Compromiso de retorno ao seu país de orixe unha vez finalizada a relación laboral.
- Cumprir as normas vixentes, sanitarias de réxime interior e convivencia en explotacións e aloxamentos ou de riscos laborais.
- Posuír os certificados ou licenzas administrativas que, se é o caso, se exixan para o desenvolvemento dunha actividade profesional regulada segundo a normativa sectorial aplicable.
- Durante o primeiro ano da autorización requirirase, para a entrada en España o visado de residencia e traballo para actividades de tempada. En cada ano sucesivo a aquel en que se concedese a autorización, a persoa titular da autorización deberá, se se cumpren todos os requisitos, ser chamada de novo polo empresario, no marco do contrato de traballo celebrado.
- Os empregadores:
- Requirirase que a situación nacional de emprego permita a contratación das persoas traballadoras estranxeiras conforme a normativa aplicable, agás para as recollidas na previsión anual de ocupacións aprobada nos procedementos de xestión colectiva de contratos de traballo que segue o seu propio réxime.
- Formalizar por escrito un contrato fixo-descontinuo que conteña, como mínimo información sobre os elementos esenciais do contrato de traballo, e, todas aquelas outras que a normativa laboral estableza para o tipo de contrato correspondente e, en concreto, o lugar e o tipo de traballo; a duración de tempada; as horas de traballo e a data de inicio do traballo.
- Como regra xeral, as ofertas de emprego deberán ser de carácter xenérico e os traballadores deberanse seleccionar nos seus países de orixe que, preferentemente, serán cos que España asinase Acordos sobre ordenación e regulación de fluxos migratorios. As ofertas de emprego de carácter nominativo só poderán presentarse cando:
- O traballador fose anteriormente titular dunha autorización de residencia temporal e traballo en España para actividades de tempada, concedida de acordo co procedemento de xestión colectiva de contratacións en orixe, e acreditase, ante a autoridade consular española, o regreso ao seu país de orixe e non se encontren ou residan en España.
- Cando a selección se realice no exterior por unha empresa que pertenza ao mesmo grupo ou sexa da mesma titularidade que a empresa contratante e non teña como actividade única ou principal ou accesoria a selección de traballadores e traballadoras.
- Cando, con carácter excepcional, o autorice a Dirección Xeral de Xestión Migratoria.
- As ofertas poderán ser presentadas por quen teña a representación legal, que neste caso poden ser organizacións empresariais.
- O Servizo Público de Emprego deberá certificar non dispor de candidatos para cubrir a oferta presentada.
- Deberán garantir a actividade continuada durante a vixencia da autorización solicitada. No sector agrario considérase actividade continuada a que non sexa inferior ao 85 % do tempo de traballo habitual no sector.
- Indicar o período de actividade previsto para o primeiro ano da autorización plurianual e, se é o caso, as concatenacións contractuais.
- Asumir o custo da viaxe de chegada a España desde o país de orixe da contratación e os desprazamentos entre o punto de chegada e o aloxamento.
- Cumprir as medidas e os requisitos de control sanitario esixidos tanto no posto de traballo como no control fronteirizo, ou nos desprazamentos intermedios, que estableza a autoridade sanitaria competente, asumindo o seu custo.
- Dispoñer das medidas previstas en todos aqueles plans ou protocolos a cuxa realización se atopen obrigados os empregadores de conformidade coa normativa vixente en materia de igualdade, de prevención do acoso sexual e o acoso por razón de sexo no traballo e outras.
- Atoparse ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
- Contar con medios económicos, materiais ou persoais suficientes para o seu proxecto empresarial e para facer fronte ás obrigas asumidas no contrato fronte á persoa traballadora.
- Poñer á disposición da persoa traballadora un aloxamento adecuado que reúna as condicións previstas na normativa en vigor, así como nas recomendacións sanitarias, debendo quedar garantida, en todo caso, a habitabilidade e hixiene adecuada do aloxamento.
- Subscribir un seguro que cubra a asistencia sanitaria da persoa traballadora desde a data de inicio da viaxe a España ata aquela en que se produza a alta no correspondente réxime da Seguridade Social.
- Achegar o compromiso de retorno asinado pola persoa estranxeira.
- Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.
DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE
Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.
- Impreso de solicitude de xestión de oferta: Anexo III (A) para a solicitude de xestión de oferta, Anexo III (B) para as ofertas de carácter xenérico e Anexo III (C) para as ofertas de carácter nominativo.
- Documentación que identifique á empresa que solicita a autorización:
- Se se trata dun empresario individual: copia do NIF ou NIE, ou consentimento para comprobar os datos de identidade a través do Sistema de Verificación de Datos de Identidade e Residencia.
- Se se trata dunha persoa xurídica (S.A., S.L., Cooperativa, etc.) :
- Copia do NIF da empresa e copia da escritura de constitución debidamente inscrita no Rexistro correspondente.
- Copia do documento público que acredite que o asinante da solicitude de autorización ostenta a representación legal da empresa.
- Copia do NIF ou NIE ou consentimento para comprobar os datos de identidade a través do Sistema de Verificación de Datos de Identidade e Residencia do asinante da solicitude.
- Copia do contrato de traballo, en modelo oficial establecido.
- Documentos acreditativos dos medios económicos, materiais ou persoais dos que dispón o empregador para o seu proxecto empresarial e para facer fronte ás obrigas derivadas do contrato asinado coa persoa traballadora estranxeira.
- Acreditación pola empresa de ter informado a persoa traballadora dos dereitos e obrigas que derivan da sinatura do contrato de traballo.
- Documentación acreditativa de estar en posesión ou de ter solicitado un seguro de asistencia sanitaria.
- Declaración responsable do cumprimento de solvencia económica.
- Declaración responsable da persoa traballadora onde acredite o compromiso de retorno, de cumprir as normas sanitarias vixentes, de réxime interior e convivencia en explotacións e aloxamentos ou de riscos laborais durante toda a vixencia da autorización.
- Certificación dos Servizos Públicos de Emprego da insuficiencia de demandantes de emprego para cubrir o posto de traballo.
- Copia do pasaporte completo ou documento de viaxe en vigor da persoa traballadora estranxeira.
- Documentación acreditativa de dispoñer de aloxamento adecuado.
- Documentación acreditativa de organizar as viaxes e asumir o custo do primeiro das viaxes e os do traslado de ida e volta entre o posto de entrada a España e o lugar de aloxamento.
Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.
Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.
Información sobre tradución e legalización dos documentos.
PROCEDEMENTO
- Suxeito lexitimado para presentar a solicitude: o empregador directamente ou, sempre que non se trate de empresas de traballo temporal, a través de quen validamente teña a súa representación legal, que poderán ser organizacións empresariais.
Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.
Salvo nos casos en que non resulte aplicable o requisito da situación nacional de emprego, a autorización limitarase a un ámbito xeográfico autonómico e a unha ocupación. Cando a Comunidade Autónoma tivese recoñecidas competencias en materia de autorización inicial de traballo poderá fixa-lo ámbito xeográfico da autorización dentro do seu territorio
- Ugar de presentación:
- Telematicamente,ante as áreas ou dependencias de Traballo e Inmigración ou ante as Oficinas de Estranxeiría que teñan delegada a competencia da provincia onde se vaia realizar a actividade laboral, que será o órgano competente para a tramitación do procedemento.
Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.
- Prazo de presentación: deberase presentar cunha antelación mínima de dous meses respecto á data de inicio da relación laboral prevista, salvo causa motivada.
- Número mínimo de postos:as ofertas de emprego deberán conter un número mínimo de cinco postos de traballo. Excepcionalmente a Dirección Xeral de Xestión Migratoria poderá autorizar a xestión de ofertas cun número mínimo de cinco postos de traballo.
- Selección das persoas traballadoras no exterior: a Dirección Xeral de Xestión Migratoria, logo da valoración do expediente e a través da Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares (Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación) , que informará a Misión Diplomática ou Oficina Consular, remitirá as ofertas no prazo de 5 días hábiles ao órgano encargado da preselección para que sexa acordada a data, o lugar e a metodoloxía para a selección das persoas traballadoras
- A comisión de selección estará formada por representantes da Dirección Xeral de Xestión Migratoria e/ou a Consellería Laboral da correspondente Misión Diplomática, polos órganos competentes do país de orixe e, a elección da persoa empregadora polos seus representantes ou por organizacións empresariais.
- Taxas correspondentes:deberanse aboar no prazo de dez días hábiles desde o momento en que se dispón da listaxe das persoas traballadoras seleccionadas, sempre que a autorización sexa dunha duración igual ou superior a seis meses:
- Modelo 790 código 052 epígrafe 2.1.3. “autorización inicial de residencia temporal e traballo por conta allea e/ou propia” :a aboar pola persoa traballadora estranxeira.
- Modelo 790 código 062 epígrafe 3.4.1 “autorización de traballo inicial, traballo para actividades de tempada” :a aboar polo empregador, sempre que a autorización de traballo teña unha duración igual ou superior a seis meses
O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.
- Prazo de resolución da solicitude: un mes contado a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen caer resolución expresa, poderase entender que a solicitude foi desestimada por silencio administrativo. (Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optou por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
- No prazo dun mes desde a notificación da resolución de concesión da autorización, se é o caso, o empregador, a organización empresarial ou os seus representantes acreditados deberán presentar ante a Oficina Consular española competente as solicitudes de visados de todos os traballadores de forma conxunta, logo do aboamento das taxas establecidas, acompañando os seguintes documentos de cada unha das persoas traballadoras:
- Impreso oficial de solicitude de visado nacional asinado polo interesado ou interesada ou polo seu representante.
- Unha fotografía recente, de tamaño carné, a cor, sobre fondo claro, sen brillos nin pezas que cubran o óvalo da cara.
- No caso de presentación da solicitude a través de representante,documento que acredite a dita representación.
- Contrato de traballo, cuberto e asinado polo empregador e traballador no modelo aprobado polo Servizo Público de Emprego Estatal.
- Anexo ao contrato de traballo formalizado no Anexo V da Orde ISM/1488/2024, do 27 de decembro, cumprimentado e asinados por ambas as partes.
- Compromiso de regreso formalizado no Anexo VI da Orde ISM/1488/2024, do 27 de decembro, cumprimentado e asinado polo traballador.
- Pasaporte ordinario ou título de viaxe recoñecido como válido en España cunha vixencia mínima dun ano
- Certificado de antecedentes penais expedido polas autoridades do país de orixe ou do país ou países en que residise durante os últimos cinco anos.
- Certificado médico.
- Resolución de concesión da autorización de residencia temporal e traballo.
- Pagamento da taxa de visado e xustificante do pagamento das demais taxas esixibles.
- O visado será emitido nun prazo máximo de cinco días hábiles.
- No prazo máximo de tres días desde a entrada da persoa traballadora en España deberá ser dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
- No prazo dun mes desde que o traballador fose dado de alta en Seguridade Social, deberá solicitar, persoalmente, a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia. Nesa tarxeta farase constar que a autorización é para actividades de tempada.
A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:
https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34
- Unha vez finalizada a prestación laboral, os traballadores deberán regresar ao seu país de forma inmediata e dispoñen do prazo dun mes desde a entrada para comparecer na Misión Diplomática ou Oficina Consular española correspondente a fin de acreditar o compromiso de regreso.
CHAMAMENTOS DAS PERSOAS TITULARES DA AUTORIZACIÓN DURANTE A VIXENCIA DA AUTORIZACIÓN PLURIANUAL
O empregador, a partir do segundo ano de vixencia da autorización, deberá comunicar á autoridade competente, cunha antelación mínima de tres meses ao inicio da actividade laboral prevista nelas salvo causa motivada, o inicio do chamamento que realizou á persoa traballadora titular da autorización para o inicio do período de actividade correspondente.
- Requisitos:
- O novo período de actividade non poderá ser superior a nove meses.
- Os termos da actividade deberán ser os mesmos previstos na autorización, salvo que houbese un cambio de empregador; neste caso o chamamento será feito polo novo empresario para a actividade aprobada co cambio. Se é o caso, para a súa aprobación, deberán indicarse as concatenacións contractuais previstas, independentemente de que o ano anterior as houbese e de cales fosen estas.
- No chamamento non debe concorrer ningunha das causas de extinción da autorización. Tamén poderá ser causa de exclusión do chamamento as persoas traballadoras que incorresen nalgunha das seguintes circunstancias nos dous anos inmediatamente anteriores á presentación da solicitude:
- O abandono anticipado e inxustificado da actividade durante a vixencia do contrato.
- A realización de actividades laborais para empresas ou actividades distintas ás que se autorizou, sen prexuízo das posibilidades de cambio de empregador.
- O incumprimento do compromiso de retorno durante a vixencia dunha autorización anterior de residencia e traballo para actividades de tempada
- Que o titular da autorización retornase ao país de orixe da contratación ao finalizar o período de actividade do ano anterior.
- Prazo de resolución e notificación do chamamento: un mes desde a presentación da solicitude, se non procede a extinción da autorización. Na resolución, indicarase o período de actividade dese ano e as concatenacións. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, esta entenderase estimada.
- Para solicitar a entrada en territorio español, será suficiente coa presentación da tarxeta de identidade de estranxeiro xunto á resolución sobre o chamamento. Durante a vixencia da autorización, deberá ir acompañada do correspondente pasaporte ou documento válido para a entrada no territorio nacional.
PR. ROGA DA ACTIVIDADE LABORAL
O período de actividade laboral anual poderá verse prorrogado cando as persoas titulares da autorización finalicen a súa relación co empregador que as contratou. A prórroga poderá ser co mesmo ou distinto empregador, para o mesmo ou diferente ámbito xeográfico, pero referida sempre á mesma ocupación e sector. Admítense sucesivas prórrogas se non superan os nove meses no período de actividade laboral e hai continuidade entre a finalización da primeira e o inicio da segunda ou sucesivas.
RE. DA AUTORIZACIÓN TRAS A FINALIZACIÓN DA SÚA VIXENCIA
- As autorizacións de residencia e traballo para actividades de tempada poderanse renovar tras a finalización da súa vixencia, por iguais períodos de catro anos.
- A renovación poderá ser solicitada polo mesmo empresario ou por outro que deberá cumprir cos requisitos establecidos, referíndose ao mesmo sector de actividade, aínda que se poderá cambiar a ocupación e o ámbito xeográfico.
- O prazo de resolución da renovación é dun mes, transcorrido o cal se entenderá estimada por silencio administrativo.
- No prazo máximo dun mes seguinte á notificación da resolución de concesión da autorización temporal de residencia e traballo,a persoa traballadora solicitará o correspondente visado ante a Oficina Consular española competente.
- O empregador deberá proceder á alta no réxime correspondente da Seguridade Social no prazo máximo de tres días desde a entrada en España da persoa traballadora.
- Se o período de actividade finalizase durante o procedemento de renovación, ou o de prórroga,permitiráselle á persoa traballadora permanecer en España ata que se adoptase unha decisión sobre a solicitude, sempre que esta se presentase dentro do período de validez da dita autorización, non fose por causas imputables ao traballador e non expirase o período de nove meses de actividade por ano natural.
MODIFICACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS DE MIGRACIÓN CIRCULAR A AUTORIZACIÓNS DE RESIDENCIA E TRABALLO
- As persoas que fosen titulares de autorizacións de residencia e traballo plurianuais de catro anos, de acordo co previsto no artigo 167.4. do Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, e sempre que mantivesen e cumprisen os requisitos destas autorizacións durante a vixencia delas, incluído o compromiso de retorno,poderán solicitar unha autorización de residencia e traballo de dous anos de duración, que habilitará a traballar por conta allea e por conta propia.
- Prazo: Esta solicitude deberá formalizarse, unha vez realizado o retorno ao seu país de orixe, no período dos seis meses posteriores á finalización da vixencia da autorización de residencia e traballo.
- Documentación esixible.
a) Certificado de antecedentes penais dos países onde residise durante os últimos cinco anos.
b) Un contrato de traballo que garanta, polo menos, o 100 % do Salario Mínimo Interprofesional en cómputo anual, ou cando acredite que conta con medios económicos suficientes que supoñan, polo menos, o 100 % da contía da renda garantida do Ingreso Mínimo Vital con carácter anual.
- Esta autorización poderá ser prorrogable por outros dous anos. Se cumpre os requisitos poderá tamén ser renovada a través do procedemento establecido no artigo 71 do Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro.
PAÍSES COS QUE ESPAÑA FIRMA ACORDOS SOBRE REGULACIÓN E ORDENACIÓN DE FLUXOS MIGRATORIOS
- Colombia
- Ecuador
- Honduras
- Guatemala
- Marrocos
- Mauritania
- República Dominicana
- Ucraína
PAÍSES COS QUE ESPAÑA FIRMA INSTRUMENTOS DE COLABORACIÓN NESTA MATERIA
- Gambia
- Guinea
- Guinea Bissau
- Cabo Verde
- Senegal
- Malí
- Níxer
- México
- O Salvador
- Filipinas
- Paraguai
- Arxentina