Investimentos - Inclusión
En que está a investir o FIS?
O fondo aprobou as súas primeiras operacións en decembro de 2024. Desde entón, o Comité Interministerial Técnico de Investimentos xa validou máis de 30 operacións, destinando capital catalítico de impacto social a organizacións ao longo de toda a xeografía.
Con este investimento está a axudar a afrontar retos sociais como a empregabilidade de persoas con discapacidade, mulleres e mozos en risco de exclusión, migrantes ou parados de longa duración; o acceso a unha vivenda digna, a saúde mental, o emprendemento, o sinfogarismo, o acompañamento para a inclusión, a economía circular e a cohesión territorial.
Unha das grandes apostas é o investimento en vivenda. Por iso, activouse a “Liña de Impacto de Vivenda Social” , que destinará, polo menos, 40 millóns de euros a proxectos centrados en proporcionar un fogar en aluguer alcanzable ás persoas máis vulnerables.