Folla 7- Renovación da autorización de residencia temporal non lucrativa

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: maio de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de autorización
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento

AUTORIAutorización

É a renovación da autorización de residencia non lucrativa.

NORMATIVA BÁSICA

  • Lei orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 30 bis e 31).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 64).

REQUISITOS

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
  • Carecer de antecedentes penais en España e nos países onde residise os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
  • Non figurar como rexeitable no espazo territorial de países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
  • Ser titular dunha autorización de residencia temporal non lucrativa en vigor ou atoparse dentro do prazo dos tres meses posteriores á caducidade desta.
  • Contar con medios económicos suficientes para atender os seus gastos de manutención e residencia, incluíndo, se é o caso, os da súa familia, durante o período de tempo polo que corresponda a renovación, sen necesidade de desenvolver ningunha actividade laboral ou profesional,
  • Ter mantido durante a vixencia da autorización que se pretende renovar e continuar cun seguro de enfermidade.
  • Ter escolarizados os menores ao seu cargo en idade de permanencia obrigatoria durante a escolarización destes en España.
  • Aboala taxa correspondente pola tramitación do procedemento.
  • Ter residido de forma real e efectiva en España durante máis de cento oitenta e tres días durante o ano natural.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude, cando a solicitude sexa presencial.

  • Copia do pasaporte completo ou título de viaxe en vigor, recoñecido como válido en España.
  • Os documentos que acrediten os recursos económicos suficientes para atender os seus gastos de manutención e residencia, así como o seguro de enfermidade, durante o período de tempo polo que se pretenda renovar a residencia en España sen necesidade de desenvolver ningunha actividade laboral ou profesional.
  • No caso de ter ao seu cargo menores en idade de escolarización obrigatoria, informe emitido polas autoridades autonómicas competentes, que acredite a súa escolarización.
  • Se é o caso,valorarase o esforzo de integración da persoa estranxeira acreditado mediante o informe positivo da Comunidade Autónoma do seu lugar de residencia.

Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude:a persoa estranxeira titular da autorización de residencia temporal non lucrativa.

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.

  • Lugar de presentación:

Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.

  • Prazo de solicitude: durante os dous meses previos á data de expiración da vixencia da súa autorización. Tamén se pode solicitar dentro dos tres meses posteriores á data en que finalizase a vixencia da autorización, sen prexuízo da posibilidade de que sexa incoado o correspondente procedemento sancionador.
  • A presentación da solicitude en prazo prorroga a validez da autorización anterior ata a resolución do procedemento.
  • A autorización de residencia temporal renovada terá unha vixencia de dous anos,salvo que corresponda obter unha autorización de residencia de longa duración ou de longa duración-UE.
  • Taxa correspondente: devengarase no momento de presentación a trámite da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles:
  • Modelo 790 código 052, epígrafe 2.2.1. “Renovación ou prórroga de residencia temporal non lucrativa”.

O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.

  • Prazo de resolución da solicitude:tres meses desde a presentación da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi estimada por silencio administrativo. O órgano competente para conceder a autorización deberá expedir, logo de solicitude do interesado, certificado que acredite a renovación por este motivo. (Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único.Se se optase por notificación electrónica ou normativamente se estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
  • Notificación da resolución. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, a administración poraa á súa disposición no enderezo electrónico único habilitado e, se é o caso, en forma complementaria, tamén na sede electrónica correspondente. Se o interesado non accedese a ela en dez días naturais, a notificación entenderase rexeitada. Nos demais casos nos que proceda practicar a notificación en papel, esta realizarase no domicilio do interesado e, se resultase infrutuosa, realizarase por medio dun anuncio publicado no Taboleiro Edictal Único (TEU).
  • No prazo dun mes desde a notificación da renovación da autorización de residencia temporal,a persoa estranxeira deberá solicitar a renovación da tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia.

A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34