Hoja 10 - Renovación de la autorización de residencia temporal por reagrupación familiar - Migracións
Folla 10- Renovación da autorización de residencia temporal por reagrupamento familiar
*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.
Última actualización: maio de 2025
Índice de contidos
- Tipo de autorización
- Normativa básica
- Requisitos
- Documentación esixible
- Procedemento
AUTORIAutorización
É a renovación da autorización de residencia temporal por reagrupamento familiar que porán obter os familiares reagrupados.
NORMATIVA BÁSICA
- Directiva 2003/., de 22 de setembro, sobre o dereito ao reagrupamento familiar.
- Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos do 16 ao 19).
- Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 71).
https: / / @extranjeros.inclusion.gob.es/InformacionInteres/InformacionProcedimientos/Ciudadanos nocomunitarios/hoja015/index.html
REQUISITOS
- Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
- Carecer de antecedentes penais en España e nos países onde residise os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
- A persoa reagrupante debe ser titular dunha autorización de residencia, a persoa reagrupada debe ser titular da autorización de residencia por reagrupamento familiar, e ambas as autorizacións deben atoparse en vigor ou manterse dentro do prazo de tres meses posteriores á caducidade desta.Debe renovar o vínculo familiar ou de parentesco ou a existencia da unión de feito na que se fundamenta a concesión da autorización a renovar.
- Se é o caso,ter escolarizados os menores ao seu cargo en idade de escolarización obrigatoria durante a permanencia destes en España.
- Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.
https: / / @extranjeros.inclusion.gob.es/InformacionInteres/InformacionProcedimientos/Ciudadanos nocomunitarios/hoja015/index.html
DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE
Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude
- Impreso de solicitude, debidamente cuberto e asinado pola persoa reagrupada:
- Se o reagrupante é titular ou accede a unha residencia de longa duración ou longa duración-UE:modelo oficial (EX-11).
- Copia completa do pasaporte en vigor, cédula de inscrición ou título de viaxe, recoñecido como válido en España,do reagrupado e do reagrupante.
- Se é o caso,documentación acreditativa da vixencia do matrimonio ou da relación análoga á conxugal.
- Se é o caso,informe emitido polas autoridades autonómicas competentes que acredite a escolarización dos menores en idade de escolarización obrigatoria que estean ao seu cargo.
- Se é o caso,documentación acreditativa do esforzo de integración que se acreditará mediante a achega, entre outros medios de proba, dun informe favorable dos órganos competentes da Comunidade Autónoma do seu lugar de residencia.
Nota importante: cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.
Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.
Información sobre tradución e legalización dos documentos.
PROCEDEMENTO
- Suxeito lexitimado para presenta-la solicitude: o reagrupado, persoalmente ou mediante representación.
A renovación da autorización de residencia por reagrupamento familiar de descendentes, menores tutelados ou ascendentes poderá ser solicitada polo cónxuxe ou parella do reagrupante, sempre que o dito cónxuxe ou parella sexa residente en España, forme parte da mesma unidade familiar, e o reagrupante orixinal non reúna os requisitos exixibles para a renovación da autorización por reagrupamento familiar. Isto será igualmente de aplicación, no caso de descendentes ou menores tutelados, respecto do seu outro proxenitor ou titor, sempre que este teña a condición de residente en España e sen prexuízo de que forme parte ou non da unidade familiar.
Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.
- Presentación da solicitude: a renovación da autorización deberá solicitarse en modelo oficial no prazo de dous meses previos á súa expiración ou dentro dos tres meses posteriores a esa data.
- Lugar de presentación:
- Presencialmente, na Oficina de Estranxeiría da provincia na que a persoa estranxeira teña fixada a residencia.
- Telematicamente, a través da sede electrónica do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (Mercurio).
Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.
- Taxa correspondente: devengarase no momento de presentación da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles:
- Se corresponde obter residencia temporal: Modelo 790 código 052, epígrafe 2.2.2. “Renovación ou prórroga de residencia temporal por reagrupamento familiar”.
- Se corresponde obter residencia longa duración: Modelo 790 código 052, epígrafe 2.6. “Autorización de residencia de longa duración – UE e autorización de residencia de longa duración nacional”.
O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.
- Prazo de resolución da solicitude: tres meses contados a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración dese resposta expresa, poderase entender que a solicitude foi estimada por silencio administrativo.(Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU) Se se optase por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
- No prazo dun mes desde a notificación da súa concesión,deberá solicitar, persoalmente, (no suposto de menores, o representante, acompañado do menor) a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia.
A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:
https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34
- A autorización renovada, que habilitará para traballar por conta allea e por conta propia sen ningún tipo de limitación,terá unha duración de catro anos e esa vixencia quedará condicionada ó mantemento da autorización de residencia da que sexa titular a persoa reagrupante da que dependa.