Folla 4- Autorización de estadía de longa duración por participación nun programa de voluntariado

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: maio de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de autorización
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento
  • Prórroga da autorización de estadía de longa duración por participación nun programa de voluntariado

AUTORIAutorización

É unha autorización que habilita a permanecer en España por un período superior a noventa días para a prestación dun servizo de voluntariado dentro dun programa que persiga obxectivos de interese xeral para unha causa sen ánimo de lucro no que as actividades non son remuneradas agás en forma de reembolso de gastos, diñeiro de peto ou ambos.

Entenderase por servizo de voluntariado aquelas actividades desenvolvidas por entidades de voluntariado legalmente constituídas e inscritas nos rexistros establecidos polas autoridades competente no marco dos programas de voluntariado existentes segundo a normativa sectorial aplicable en España, así como as que se efectúen no ámbito do Corpo Europeo de Solidariedade.

NORMATIVA BÁSICA

  • Directiva (UE) 2016/801,do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, relativa aos requisitos de entrada e residencia dos nacionais de países terceiros con fins de investigación, estudos, prácticas, voluntariado, programas de intercambio de alumnos ou proxectos educativos e colocación au pair.
  • Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 25 bis e 33).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 34 a 36 e 25 a 58).

REQUISITOS

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
  • Non atoparse irregularmente en territorio español.
  • Non figurar como rexeitable no espazo territorial dos países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
  • Non representar unha ameaza para a orde pública, a seguridade ou a saúde pública.
  • Acreditar non padecer ningunha das enfermidades que poden ter repercusións de saúde pública graves de conformidade co disposto no Regulamento Sanitario Internacional de 2005.

  • Ter medios económicos suficientes para sufragar os gastos de estancia e regreso ao seu país.
  • Contar cun seguro de enfermidade concertado cunha Entidade aseguradora autorizada para operar en España, con prestacións similares ás concedidas pola carteira básica común de servizos asistenciais do Sistema Nacional de Saúde.
  • No caso de que a duración da estancia supere os seis meses e sexa maior de idade, carecer de antecedentes penais en España e nos países anteriores de residencia durante os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
  • Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.
  • Ter sido admitido para a realización dun servizo de voluntariado no marco dun convenio asinado coa entidade encargada do programa de voluntariado,que inclúa unha descrición do programa, das funcións e condicións de supervisión,. actividades nel previstas e das condicións para realizala, así como a duración deste, as horas de traballo voluntario a cumprir, os recursos dispoñibles para cubrir o seu peto e aloxamento durante a súa estadía, unha cantidade mínima en concepto de diñeiro de manutención durante aquela, e, se é o caso, a formación que recibirá a persoa estranxeira para que poida realizar o programa de voluntariado.
  • Que a entidade de voluntariado estea legalmente constituída e inscrita no rexistro competente de acordo coa normativa estatal, autonómica ou doutro Estado membro da Unión Europea de aplicación.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.

  • Impreso de solicitude en modelo oficial (EX – 00) debidamente cumprimentado e asinado pola persoa estranxeira ou o seu representante legal en caso de ser menor de idade.
  • Pasaporte en vigor ou título de viaxe, recoñecido como válido en España, con vixencia mínima dun ano.
  • Documentación acreditativa de dispor de medios económicos necesarios para o período que se solicita e para o retorno ao país de procedencia.
  • No suposto de ser menores de idade,autorización de pais ou titores na que conste o centro, organización, entidade e organismo responsable da actividade e do período de estadía previsto.
  • Documentación acreditativa de dispor de seguro médico

  • Certificado médico que acredite que non se padece ningunha das enfermidades con repercusións na saúde pública do Regulamento Sanitario Internacional de 2005.
  • Se a duración da estancia é superior a seis meses e se é maior de idade penal,certificado de antecedentes penais expedido polas autoridades do país de orixe ou do país en que residise durante os últimos cinco anos.
  • Convenio asinado coa entidade encargada do programa de voluntariado cos requisitos anteriores.
  • Xustificante do aboamento da taxa.

Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude: a persoa estranxeira, persoalmente ou a través dun representante. Se é menor de idade, os seus pais, titores ou representante debidamente acreditado, persoalmente.

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.

  • Lugar de presentación:
  • Presencialmente, na Misión Diplomática ou Oficina Consular española en cuxa demarcación resida a persoa estranxeira.
  • Taxa correspondente por expedición do visado: deberase aboar no momento de solicitar o visado.
  • Prazo de resolución da solicitude e expedición do visado: un mes contado a partir do día seguinte á data de presentación da solicitude na Oficina Consular competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi desestimada por silencio administrativo.(Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optou por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
  • O visado concedido deberá ser recollido no prazo de dous meses desde a notificación. De non efectuarse a recollida no prazo mencionado, entenderase que o interesado renunciou ao visado concedido e producirase o arquivo do procedemento.
  • A duración da estancia que se conceda será igual á do servizo de voluntariado que se vaia realizar co límite máximo dun ano.
  • No suposto de que a estadía de longa duración teña unha duración superior a seis meses, a persoa estranxeira deberá solicitar persoalmente a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia.

A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34

 

PR.

Durante os dous meses previos ou nos tres meses posteriores á data de expiración da vixencia da autorización, a persoa titular desta poderá solicitar unha prórroga cando acredite a continuación na prestación do servizo de voluntariado.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude:A persoa estranxeira, persoalmente ou mediante representación.
  • Lugar de presentación:
    • Telematicamente, a través da sede electrónica do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (Mercurio).Por medios electrónicos, e irá dirixida á oficina de estranxeiría da provincia onde obtivo a autorización inicial, acompañando a seguinte documentación:
      • Pasaporte ou título de viaxe en vigor.
      • Documentación acreditativa de continuar na prestación do servizo de voluntariado nas mesmas condicións.
      • Documentación acreditativa de dispor de seguro de enfermidade.
      • Xustificante do aboamento da taxa.
  • Prazo de resolución da solicitude:un mes contado a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi desestimada por silencio administrativo.(Cando non se puidese notificar a resolución, anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optou por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica. Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
  • Vixencia da prórroga:coincidirá coa duración da prestación do servizo de voluntariado cun límite dun ano.
  • Unicamente poderá solicitarse nunha ocasión a prórroga.
  • No prazo dun mes desde a notificación, a persoa estranxeira deberá solicitar, persoalmente, a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia.