Folla 11- Autorización de residencia independente de familiares reagrupados

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: maio de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de autorización
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento

AUTORIAutorización

É unha autorización de residencia e traballo independente do reagrupante que poderán obter os titulares de residencia por reagrupamento familiar.

NORMATIVA BÁSICA

  • Directiva 2003/., de 22 de setembro, sobre o dereito ao reagrupamento familiar.
  • Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos do 16 ao 19).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 69 e 70).

https: / / @extranjeros.inclusion.gob.es/InformacionInteres/InformacionProcedimientos/Ciudadanos nocomunitarios/hoja016/index.html

REQUISITOS

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
  • Ser titular de autorización de residencia temporal por reagrupamento familiar.
  • Non representar unha ameaza para a orde pública, a seguridade ou a saúde pública.
  • Supostos:
  • Se se trata de cónxuxe ou parella reagrupada, poderá obter unha autorización de residencia e traballo independente, cando completase, polo menos, un ano de autorización de residencia por reagrupamento familiar en España, e reúna algún dos seguintes requisitos:
  • Contar con medios económicos suficientes propios.
  • Cumprir os requisitos exixibles para a concesión dunha autorización de residencia temporal e traballo por conta propia.
  • Cumprir os requisitos laborais exixibles de cara á concesión dunha autorización de residencia temporal e traballo por conta allea agás a situación nacional de emprego.

Así mesmo, a persoa reagrupada poderá obter unha autorización de residencia e traballo independente, cando se encontre nalgún dos seguintes supostos:

  • Cando se rompa o vínculo conxugal que deu orixe á situación de residencia, por separación de dereito, nulidade do matrimonio, cancelación ou por disolución da inscrición: acreditar unha duración do vínculo de tres anos e a convivencia en España durante polo menos un ano, ou durante un tempo inferior no caso de que se lle outorgase a custodia dos fillos ou fillas en común.
  • No caso de que a persoa reagrupada fose vítima de violencia de xénero ou violencia sexual, vítima dun delito por condutas violentas no contorno familiar, vítima de trata de seres humanos por parte da persoa reagrupante ou vítima do delito de abandono de familia, menores ou persoas con discapacidade necesitadas de especial protección: con independencia do tempo de residencia e convivencia, que exista unha orde xudicial de protección ou informe policial ou do Ministerio Fiscal
  • Falecemento da persoa reagrupante: con independencia do tempo de residencia e de convivencia, sempre que residisen en España cumprindo os requisitos previstos antes do falecemento da persoa titular e que se solicite no prazo dos seis meses seguintes á data do falecemento.
  • Se se trata de fillos e fillas ou representados cando alcancen a maioría de idade e se atopen nunha destas 2 situacións:
  • Residir cinco anos en España.
  • Poder acreditar que:
  • Cumpre os requisitos exixibles para a concesión dunha autorización de residencia temporal e traballo por conta propia ou conta allea con excepción da situación nacional de emprego.
  • Contan con medios económicos para a concesión dunha autorización de residencia temporal de carácter non lucrativo, é dicir, que poida acreditar o 150% do IPREM en unidades familiares que inclúan á persoa reagrupante e a un familiar reagrupado, e do 50% do IPREM por cada membro adicional.
  • Se se trata de ascendentes cando reúnan os requisitos para modificar a súa autorización e obter autorización de residencia e traballo por conta allea, ou por conta propia, ou como profesional altamente cualificado.
  • Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.

  • Copia do pasaporte completo, título de viaxe ou cédula de inscrición en vigor.
  • Documentación que acredite que reúne os requisitos exixibles, é dicir:
  • Cónxuxe ou parella, segundo o suposto deberá achegar:
  • Suposto de extinción do vínculo: documentación que acredite a separación, disolución do matrimonio, nulidade, ou cancelación da inscrición como parella.
  • Suposto de violencia de xénero ou violencia sexual, vítima dun delito por condutas violentas no contorno familiar, vítima de trata de seres humanos por parte da persoa reagrupante ou vítima do delito de abandono: informe do Ministerio Fiscal ou orde xudicial de protección en vigor.
  • Suposto de falecemento do reagrupante: certificado de defunción.
  • Fillos ou representados, que residisen cinco anos: non é preciso que achegue documentación, este extremo comprobarase de oficio pola Oficina de Estranxeiría.
  • Cónxuxe ou parella, fillos ou representados que soliciten por ter medios económicos:
  • Para a concesión de residencia non lucrativa: documentación acreditativa de dispoñer polo menos o 400% do IPREM.
  • Para a concesión de autorización de residencia e traballo por conta allea: copia do ou dos contrato/s de traballo.
  • Para a concesión de autorización de residencia e traballo por conta propia: poderase obter información da documentación exixible consultando a información dispoñible para a autorización de residencia e traballo por conta propia.
  • Ascendentes: poderase obter información do procedemento e a documentación exixible consultando a información dispoñible segundo a autorización que se solicite: modificar unha autorización de residencia a residencia e traballo por conta allea, por conta propia, para investigación, ou de profesionais altamente cualificados.

Nota importante: cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude: o reagrupado, persoalmente, excepto no suposto de ascendentes, en autorizacións por conta allea, para investigación ou de profesionais altamente cualificados que o deberá presentar o empregador ou empresario, persoalmente, ou a través dun suxeito lexitimado que teña atribuída a representación legal empresarial.

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados

  • Lugar de presentación:
  • Presencialmente, na Oficina de Estranxeiría da provincia en que a persoa estranxeira teña fixada a residencia, excepto no suposto de ascendentes cando o empregador sexa o solicitante, que se deberá presentar na Oficina de Estranxeiría da provincia en que se vaia realizar a actividade.

Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.

  • Taxas de cónxuxes e fillos:devengaranse no momento de presentación da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles:
  • Modelo 790 código 052, epígrafe 2.2.5 “residencia e traballo independente do reagrupante” : a aboar pola persoa estranxeira.

O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.

  • Taxas de ascendentes: devengaranse no momento de presentación da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles, o importe dependerá do tipo de autorización que se solicita.
  • Prazo de resolución da solicitude: tres meses a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para tramitalas, excepto no suposto de ascendentes, que dependerá do tipo de autorización que se solicite. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración dese resposta expresa, poderase entender que a solicitude foi desestimada por silencio administrativo.(Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optou por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
  • Cando por actividade por conta propia, a eficacia da autorización de residencia e traballo independente que se conceda está condicionada a que se produza, no caso de que non se producise con anterioridade, a alta do traballador no correspondente réxime de Seguridade Social, no prazo dun mes desde a notificación da resolución.
  • No prazo dun mes desde a notificación da súa concesión,deberá solicitar, persoalmente, (no suposto de menores, o representante, acompañado do menor) a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia.

A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34

  • Solicitude e vixencia da autorización independente:

A solicitude de autorización de residencia independente deberá solicitarse, atendendo ao suposto concreto, no prazo dos seis meses seguintes a:

  • a data de notificación da admisión da demanda de nulidade, divorcio ou separación de dereito, ou da resolución de cancelación da inscrición de parella rexistrada.

Se se concede no momento da renovación, a autorización de residencia independente continuará habilitando para residir e traballar sen ningún tipo de limitación, e a súa vixencia será de catro anos de duración. No caso de instarse durante a vixencia da autorización xa renovada, a concesión declarará o mantemento da autorización da que sexa titular a título persoal polo tempo de vixencia que lle reste.

  • a data en que se notifiquen os informes ou documentación cando se trate do suposto de violencia de xénero ou sexual, ou vítima dun delito por condutas violentas no contorno familiar.

A autorización de residencia independente será incondicionada e continuará habilitando para residir e traballar sen ningún tipo de limitación, contando cunha vixencia de cinco anos de duración.

  • a data do falecemento da persoa reagrupante.

A autorización de residencia independente continuará habilitando para residir e traballar sen ningún tipo de limitación e terá unha vixencia de cinco anos.

  • Nas autorizacións de residencia independente concedidas cando se rompa o vínculo conxugal ou finalización da vida en parella ou por ser vítima de violencia de xénero ou violencia sexual,vítima dun delito por condutas violentas no contorno familiar, trata de seres humanos por parte da persoa reagrupante ou vítima do delito de abandono de familia, no suposto de que haxa outros familiares reagrupados, dependerán de estes conservarán a autorización de residencia por reagrupamento familiar e familiar do membro da familia co que convivan.
  • As persoas estranxeiras reagrupadas que conten con autorización de residencia e traballo independente poderán á súa vez reagrupar os seus familiares sempre que reúnan os requisitos exixidos, e no suposto de ascendentes, ademais deberán obter autorización de residencia de longa duración. Excepcionalmente poderán reagrupar sen autorización de longa duración cando teñan ao seu cargo fillos menores de idade ou maiores de idade que teñan unha discapacidade que requira apoio ou que non sexan obxectivamente capaces para prover as súas propias necesidades.