Folla 3- Autorización de estadía de longa duración para participar nun programa de mobilidade de alumnos

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: novembro de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de autorización
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento

AUTORIAutorización

É unha autorización que habilita a permanecer en España por un período superior a noventa días para participar nun programa de mobilidade de alumnos dentro dun programa de ensino secundario obrigatorio e/ou postobrigatorio, equivalentes ao nivel 2 ou 3 da Clasificación Internacional Normalizada da Educación establecida pola UNESCO, nun centro docente ou científico oficialmente recoñecido.

NORMATIVA BÁSICA

  • Directiva (UE) 2016/801, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, relativa aos requisitos de entrada e residencia dos nacionais de países terceiros con fins de investigación, estudos, prácticas, voluntariado, programas de intercambio de alumnos ou proxectos educativos e colocación au pair.
  • Lei orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 25 bis e 33).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro,polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 34 a 36 e 52 a 58).

REQUISITOS

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadáns da Unión.
  • Non atoparse irregularmente en territorio español.
  • Non figurar como rexeitable no espazo territorial dos países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
  • Acreditar non padecer ningunha das enfermidades que poden ter repercusións de saúde pública graves de conformidade co disposto no Regulamento Sanitario Internacional de 2005.

  • Contar cun seguro de enfermidade concertado cunha Entidade aseguradora autorizada para operar en España, con prestacións similares ás concedidas pola carteira básica común de servizos asistenciais do Sistema Nacional de Saúde.
  • No caso de que a duración da estancia supere os seis meses e sexa maior de idade, carecer de antecedentes penais en España e nos países onde residise os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
  • Ter sido admitido nun centro de ensino inscrito no Rexistro estatal de centros docentes non universitarios para a realización dos estudos de educación secundaria obrigatoria ou postobrigatoria.
  • Ter sido admitido como participante nun programa de mobilidade de alumnos co fin de seguir un programa de ensino secundario obrigatorio ou postobrigatorio.
  • Que a organización responsable do programa de mobilidade de alumnos ou centro de ensino que participe no proxecto educativo se faga responsable do alumno durante a súa estadía, en participar en canto ao custo dos seus estudos, así como os gastos de estancia e regreso ao seu país, sen prexuízo de que o alumno sexa o responsable de aboar previamente os ditos gastos á entidade ou centro.

  • Ser aloxado, durante a súa estancia,cunha familia que será seleccionada pola organización responsable do programa de mobilidade de alumno en que participa,ou nun internado ou residencia concertado ou adscrito pola citada organización no marco do programa.
  • Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.

  • Impreso de solicitude de visado nacional, en modelo oficial, debidamente cumprimentado e asinado pola persoa estranxeira ou o seu representante legal en caso de ser menor de idade.
  • Pasaporte completo en vigor ou título de viaxe, recoñecido como válido en España, con vixencia mínima dun ano.
  • No suposto de estudantes menores de idade, autorización de pais ou titores na que conste o centro, organización, entidade e organismo responsable da actividade e do período de estadía previsto.
  • Documentación acreditativa de dispor de seguro médico.
  • Documentación acreditativa de ter sido admitido como participante nun programa de mobilidade de alumnos co fin de seguir un programa de ensino secundario obrigatorio ou postobrigatorio.
  • Documentación acreditativa de estar admitido nun centro de ensino inscrito no Rexistro estatal dos centros docentes non universitarios para a realización dos estudos de educación secundaria obrigatoria ou postobrigatoria.
  • Documentación acreditativa de que a organización responsable do programa de mobilidade de alumnos ou centro de ensino que participe no proxecto educativo se faga responsable do alumno durante a súa estadía, en participar en canto ao custo dos seus estudos, así como os gastos de estadía e regreso ao seu país, sen prexuízo de que o alumno sexa o responsable de aboar previamente os ditos gastos á entidade ou centro. Para acreditar esa responsabilidade deberá achegarse:

    • Documento no que conste a designación dunha persoa que se faga cargo da persoa menor de idade en España, que en ningún caso poderá ser quen teña a súa patria potestade ou tutela, e que deberá acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos:

      • Ser persoa física maior de idade.

      • Ser español ou cidadán da Unión Europea con residencia en España, ou ser nacional dun terceiro país titular de autorización de residencia en España con vixencia superior á duración prevista dos estudos.

      • Carecer de antecedentes penais por delitos de natureza sexual, acreditado mediante certificado oficial.

      • Presentar declaración responsable que manifeste a inexistencia de vinculación do presente procedemento cun proceso de adopción ou de acollemento, actual ou futuro.

      • Presentar declaración responsable na que conste o seu compromiso expreso de facerse cargo do menor durante toda a estancia en España.

    • Autorización asinada por ambos os proxenitores ou, se é o caso, pola persoa que teña en exclusiva a patria potestade ou a tutela, na que consten: o domicilio en España onde residirá a persoa menor e a identificación completa e datos de contacto da persoa designada para facerse cargo dela.
    • Documentación acreditativa do vínculo familiar do menor (certificado de nacemento ou documento equivalente) ou, se é o caso, acreditación documental da tutela.
  • Documentación acreditativa de que o centro de ensino que xestiona o programa de mobilidade de alumnos ou o proxecto educativo se faga responsable do alumno durante a súa estadía,en particular en canto ao custo dos seus estudos, así como os gastos de estancia e regreso ao seu país.
  • Documentación acreditativa de ser aloxado, durante a súa estancia, cunha familia que foi seleccionada pola organización responsable do programa de mobilidade de alumno en que participa, ou nun internado ou residencia adscrito ou concertado pola citada organización no marco do programa.
  • Se o alumno é maior de idade penal e a estancia supera os seis meses,certificado de antecedentes penais expedido polas autoridades do país de orixe ou do país en que residise durante os últimos cinco anos.

Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude de visado: a persoa estudante estranxeira, persoalmente. Se se trata de alumno menor de idade, os seus pais ou titores.

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.

  • Lugar de presentación:
  • Presencialmente, na Misión Diplomática ou Oficina Consular española en cuxa demarcación resida a persoa estranxeira.

Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.

  • Taxa correspondente por expedición do visado: deberanse aboar no momento de solicitar o visado.
  • Prazo de resolución e expedición do visado: o prazo máximo para notificar a resolución é dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de presentación da solicitude na Oficina Consular competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración dese resposta expresa, poderase entender que a solicitude foi desestimada por silencio administrativo. O visado de estudos, unha vez concedido, deberá ser recollido persoalmente no prazo de dous meses desde a súa notificación. De non efectuarse a recollida no prazo mencionado, entenderase que o interesado renunciou ao visado concedido e producirase o arquivo do procedemento.
  • O visado concedido deberá ser recollido no prazo de dous meses desde a notificación. De non efectuarse a recollida nos prazos mencionados, entenderase que o interesado renunciou ao visado concedido e producirase o arquivo do procedemento.
  • A duración da estancia que se conceda será igual á do programa de mobilidade co límite máximo dun ano.
  • No suposto de que a estadía por estudos teña unha duración superior a seis meses, a persoa estranxeira no prazo dun mes desde a entrada en España, deberá solicitar, persoalmente, a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia.

A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34