Hoja 47 - Renovación de la residencia temporal de menores no acompañados cuando acceden a mayoría de edad - Migracións
Folla 47- Renovación da residencia temporal de menores non acompañados cando acceden a maioría de idade
*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.
Última actualización: maio de 2025
Índice de contidos
- Tipo de autorización
- Normativa básica
- Requisitos
- Documentación esixible
- Procedemento
AUTORIAutorización
É a residencia renovada que se concede aos menores estranxeiros non acompañados que van alcanzar a maioría de idade sendo previamente titulares dunha autorización de residencia como menor estranxeiro non acompañado. Habilita para traballar, tanto por conta allea sen ter en conta a situación nacional de emprego, como por conta propia (art. 173. RD 1155 / 2024).
NORMATIVA BÁSICA
- Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro,sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 35).
- Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 173).
REQUISITOS
- Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
- Ter sido titular previamente dunha autorización de residencia como persoa menor estranxeira non acompañada.
- Ter medios económicos suficientes para o seu mantemento
- Ingresos e rendas mensuais que superen a contía mensual individual do Ingreso Mínimo Vital (Lei 19/2021,
- Se acredite que o seu sostemento queda asegurado dentro dun programa desenvolvido por unha institución pública ou privada; ou
- Ingreso s provenientes dun emprego;
- Ingresos provenientes do sistema social;
- Ingresos ou outras contías que poida percibir;
- Un contrato de traballo que cumpra as condicións establecidas no artigo 127.b) RLOEX:
A achega dun ou varios contratos de traballo que garanta polo menos o salario mínimo interprofesional ou o salario establecido, se é o caso, no convenio colectivo aplicable, no momento da solicitude, en proporción á xornada traballada, e cuxa suma represente unha xornada semanal non inferior a vinte horas en cómputo global.
Poderá achegarse máis dun contrato de traballo nos seguintes supostos:
- 1.º No caso da realización de traballos de natureza estacional ou vinculados a actividades produtivas de tempada poderanse presentar dous ou máis contratos, con distintos empregadores e concatenados.
- 2.º No caso de desenvolvemento de actividades nunha mesma ou distinta ocupación, traballando parcialmente e de maneira simultánea para máis dun empregador, admitirase a presentación de varios contratos.
- O empregador ou empregadores deberá cumprir os requisitos do artigo 74 RLOEX agás o establecido no apartado 1.a).
- A Administración comprobará de oficio os antecedentes rexistrados no Rexistro Central de Penados do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes. Non obstante, valorarase a existencia de antecedentes penais, considerando a concesión de indultos ou a suspensión da pena privativa de liberdade e, no caso de penas privativas de dereitos ou de multa, o seu cumprimento.
- Valoraranse os informes que, se é o caso e para estes efectos poidan presentar as entidades públicas competentes en materia de protección de menores, de acordo co previsto no artigo 35.9 da LOEX (Informes sobre esforzo de integración, a continuidade da formación ou estudos que se estivesen realizando, así como a súa incorporación, efectiva ou potencial, ao mercado de traballo) ,así como os emitidos por outras entidades ou institucións privadas relativos ao cumprimento satisfactorio dos obxectivos educativos ou de inclusión sociolaboral do programa, finalizase este ou estea en curso.
- A habilitación para traballar non terá en conta, en caso de actividades por conta allea, a situación nacional de emprego de conformidade co previsto no artigo 40.1.b) LOEX. Esta habilitación para traballar terá a mesma duración que a autorización de residencia (aparecerá a seguinte lenda na TIE “habilita para traballar por conta propia e por conta allea” ).
- A autorización de residencia renovada terá unha vixencia de dous anos, renovables por períodos de dous anos se se manteñen os requisitos, salvo que corresponda unha autorización de residencia de longa duración ou de longa duración UE.
- Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.
DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE
Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.
- Impreso de solicitude modelo oficial (EX-25) debidamente cumprimentado.
- Copia do pasaporte completo, título de viaxe ou cédula de inscrición (art.º 210.5 RLOEX) , en vigor da persoa menor
- O regulamento de estranxeiría permite que a cédula de inscrición se solicite previamente ou á vez que a autorización de residencia (art. 210.9. RLOEX).
- Copia da TIE de residencia anterior á renovación.
- Documentación acreditativa da representación do Servizo de Protección de Menores a favor da persoa física que presenta a solicitude (se continúa sendo menor de idade ou se a entidade segue sendo o seu representante legal).
- Documentación acreditativa de dispor de medios económicos para o seu sostemento conforme o punto anterior.
- Informes sobre esforzo de integración, a continuidade da formación ou estudos que se estivesen realizando, así como a súa incorporación, efectiva ou potencial, ao mercado de traballo emitidos por entidades públicas ou institucións privadas relativos ao cumprimento satisfactorio dos obxectivos educativos ou de inclusión sociolaboral do programa, este finalizase ou estea en curso.
Nota importante: cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.
Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.
Información sobre a tradución e legalización dos documentos.
PROCEDEMENTO
- Suxeito lexitimado para presenta-la solicitude:
- A persoa estranxeira persoalmente (se cumpriu a maioría de idade) ou mediante representación.
- O Servizo de Protección de Menores das Comunidades Autónomas da provincia na que estea fixado o domicilio da persoa estranxeira (aínda no caso que outra CCAA distinta ostentará a tutela da persoa menor).
- Lugar de presentación:
- Presencialmente, na Oficina de Estranxeiría correspondente á provincia onde a persoa estranxeira fixase a súa residencia.
Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.
- Telematicamente, a través da sede electrónica do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (Mercurio).
- Taxa correspondente:devengarase no momento de presentación da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles:
- Modelo 790 código 052, epígrafe 2.2.6. “renovación ou prórroga de residencia temporal de menores estranxeiros non acompañados que acceden á maioría de idade sendo titulares dunha autorización de residencia”.
O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.
- Prazo de presentación: a solicitude poderase presentar durante os dous meses previos á data de expiración da autorización ou dentro dos tres meses posteriores á data en que finalizase a vixencia da autorización.
- A presentación da solicitude en prazo prorroga a validez da autorización anterior ata a resolución do procedemento.
- Prazo de resolución da solicitude: tres meses contados a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi estimada por silencio administrativo. (Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optase por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en 10 días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
- No prazo dun mes desde a notificación da renovación,a persoa estranxeira deberá solicitar, persoalmente, a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia. Se a persoa estranxeira é menor de idade irá acompañada polo seu titor.
A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:
- A habilitación para traballar non terá en conta, en caso de actividades por conta allea, a situación nacional de emprego de conformidade co previsto no artigo 40.1.b) LOEX. Esta habilitación para traballar terá a mesma duración que a autorización de residencia (aparecerá a seguinte lenda na TIE “habilita para traballar por conta propia e por conta allea” ).
- A autorización de residencia renovada terá unha vixencia de dous anos, renovables por períodos de dous anos se se manteñen os requisitos, salvo que corresponda unha autorización de residencia de longa duración ou de longa duración UE.