Folla 51- Residencia de longa duración en España do residente de longa duración-UE noutro EEMM da UE

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: maio de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de autorización
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación que hai que achegar
  • Procedemento

AUTORIAutorización

É unha autorización de residencia de longa duración que poderán obter as persoas estranxeiras que sexan titulares dunha autorización de residencia de longa duración concedida noutro Estado membro da Unión Europea.

NORMATIVA BÁSICA

  • Directiva 2003/109/CE do Consello, do 25 de novembro de 2003 relativa ao estatuto dos nacionais de países terceiros residentes de longa duración.
  • Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro,sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 32.3).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 179).



REQUISITOS

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza.
  • Non figurar como rexeitable no espazo territorial de países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
  • Ser titular de autorización de residencia de longa duración-UE noutro Estado membro.
  • Dispoñer de medios económicos e aloxamento, ou cumprir os requisitos para a obtención de autorización de residencia e traballo por conta allea, ou conta propia, ou da exceptuación da autorización de traballo (ver follas informativas correspondentes).
  • Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota:

  • Impreso de solicitude en modelo oficial (EX- 11) , debidamente cumprimentado e asinado pola persoa estranxeira.
  • Documentación acreditativa da súa condición de residente de longa duración-UE noutro Estado membro.
  • Copia do pasaporte completo ou título de viaxe en vigor.
  • Impreso acreditativo do aboamento da taxa pola tramitación do procedemento
  • Dependendo dos medios de vida:
    • Se non vai desenvolver actividades lucrativas: deberá presentar documentación acreditativa de ter medios económicos suficientes para o seu sostemento mensualmente o 400 % do IPREM e contar cun seguro público ou privado de enfermidade que cubra os riscos normalmente asegurados aos cidadáns españois.
    • Se vai realizar actividade laboral por conta allea, documentación que identifique á empresa:
      • Se se trata dun empresario individual: copia do NIF ou NIE, ou consentimento para comprobar os datos de identidade a través do Sistema de Verificación de Datos de Identidade e Residencia ou se se trata dunha persoa xurídica (S.A, S.L., Cooperativa, etc.) : copia do NIF da empresa e copia da escritura de constitución debidamente inscrita no Rexistro correspondente, copia do documento público que acredite a representación legal da empresa e copia do NIF ou NIE ou consentimento para comprobar os datos de identidade a través do Sistema de Verificación de Datos de Identidade e Residencia ou NIE do asinante do contrato.
      • Copia do contrato de traballo asinado.
      • Acreditación de que a empresa pode garantir a solvencia necesaria, a través de: copia da declaración do IRPF, ou do IVE, ou do Imposto de Sociedades ou do informe da Vida Laboral da Empresa (VILE). Así mesmo, debe achegarse unha memoria descritiva da ocupación que se vai realizar.
    • Se vai desenvolver actividades laborais por conta propia:
      • En actividades comerciais minoristas e prestación dos servizos enumerados no Anexo da Lei 12/2012, que se realicen en establecementos permanentes, cuxa superficie útil non sexa superior a 750 metros cadrados declaración responsable ou comunicación previa (nos termos do artigo 69 da Lei 39/2015) e, se é o caso, xustificante de pagamento do tributo correspondente.
      • No resto de actividades e prestacións de servizos profesionais, relación das autorizacións ou licenzas que se exixan para a instalación, apertura ou funcionamento da actividade proxectada ou para o exercicio profesional, indicando, a situación en que se encontre os trámites para a súa consecución, incluíndo, se é o caso, as certificacións de solicitude ante os organismos correspondentes.
      • Copia da documentación que acredite posuír a capacitación e, se é o caso, a cualificación profesional legalmente esixida para o exercicio da profesión, así como a homologación e/ou recoñecemento, e no seu caso colexiación, para o exercicio da profesión cando así se requira.
      • Copia da documentación que acredite a suficiencia do investimento previsto para a implantación do proxecto e sobre a incidencia, se é o caso, na creación de emprego, incluíndo como tal o autoemprego.

A título de exemplo, con independencia da súa xustificación mediante outros medios admisibles en Dereito, os tres últimos apartados poden ser acreditados polo informe de valoración emitido por unha das seguintes organizacións:

  • Federación Nacional de Asociaciones de Empresarios y Trabajadores Autónomos (ATA)
  • Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA)
  • Confederación Intersectorial de Autónomos del Estado Español (CIAE)
  • Organización de Profesionais e Autónomos (OPA)
  • Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (UATAE)

Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro non comunitario deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude:a persoa estranxeira

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.

  • Lugar de presentación:
  • Se se atopa en territorio español:
  • Presencialmente, ente a Oficina de Estranxeiría competente.
  • Se non se atopa en territorio español:
  • Presencialmente, ante a Oficina Consular española correspondente ao lugar previo de residencia na Unión Europea.

Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.

  • Oficina de Estranxeiría competente:
    • Se non vai realizar actividade laboral:a correspondente á provincia na que reside ou pretenda residir.
    • Se vai realizar actividade laboral:a correspondente á provincia onde vai iniciar a actividade laboral, profesional ou educativa.
  • Prazo de presentación:
    • Se non se atopa en territorio español:en calquera momento anterior á entrada en territorio nacional.
    • Se se encontra en territorio español:no prazo de tres meses desde que se efectúe a entrada.
  • Taxa correspondente:devengarase no momento de admisión a trámite da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles:
    • Modelo 790 código 052, epígrafe 2.6 “autorización de residencia de longa duración-UE e autorización de residencia de longa duración nacional” :a aboar pola persoa estranxeira.

O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.

  • Prazo de resolución da solicitude:dous meses contados a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para tramitalas. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi desestimada por silencio administrativo. (Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optase por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
  • Concedida a autorización,de non atoparse en territorio español, a persoa estranxeira deberá entrar en España no prazo máximo de tres meses desde a notificación da resolución.
  • A autorización cobra vixencia desde:
    • Se vai desenvolver unha actividade laboral, desde a alta no correspondente réxime da Seguridade Social.
    • Se non vai desenvolver actividade laboral:
      • Se se encontra en territorio español desde a notificación da resolución.
      • Se non se atopa en territorio español desde a entrada no territorio nacional.
  • No prazo dun mes desde a entrada en vigor da autorización de residencia de longa duración, a persoa estranxeira deberá solicitar persoalmente a tarxeta de identidade de estranxeiro na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia. A vixencia da tarxeta de identidade de estranxeiro será de 5 anos.

A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https:

  • Os titulares dunha autorización de residencia de longa duración nacional deberán solicitar a primeira renovación da tarxeta de identidade de estranxeiro cada cinco anos.A segunda renovación e as sucesivas solicitaranse cada cinco anos ata que o titular cumpra os trinta anos de idade e cada dez anos unha vez os cumpra.

A solicitude de renovación deberá presentarse durante os dous meses inmediatamente anteriores á data de expiración da vixencia da tarxeta. A presentación da solicitude neste prazo prorrogará a validez da tarxeta anterior ata a resolución do procedemento. Tamén se prorrogará ata a resolución do procedemento no suposto de que a solicitude se presentase dentro dos tres meses posteriores á data en que finalizase a vixencia da anterior tarxeta, sen prexuízo da incoación do correspondente procedemento sancionador pola infracción en que se incorrese.