Folla 20- Autorización de residencia para busca de emprego ou inicio de proxecto empresarial

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: setembro de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de autorización
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento
  • Características da autorización

AUTORIAutorización

Esta autorización pódena solicitar aquelas persoas estranxeiras que fosen titulares dunha autorización previa de estadía de longa duración por estudos e que finalizasen os estudos nunha institución de educación superior autorizada en España, alcanzando como mínimo o Nivel 6, de acordo co Marco Europeo de Cualificacións, correspondente á acreditación de grao universitario.

NORMATIVA BÁSICA

  • Directiva (UE) 2016/801 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, relativa aos requisitos de entrada e residencia dos nacionais de países terceiros con fins de investigación, estudos, prácticas, voluntariado, programas de intercambio de alumnos ou proxectos educativos e colocación au pair.
  • Disposición adicional décimo sétima da Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización introducida polo Real decreto lei 11/2018, do 31 de agosto.
  • Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
  • Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo do Sistema Universitario (DF 5ª).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social
  • Instrución DGM 1/2018, sobre a transposición ao ordenamento xurídico español da Directiva 2016/801/UE: Autorización de residencia ao estudante para a procura de emprego ou para emprender un proxecto empresarial.

REQUISITOS

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo e de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países, aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
  • Non figurar como rexeitábel nos Estados-Membros do Espazo Schenxen.
  • Non estar irregularmente en España.
  • Non representar unha ameaza para a orde pública, a seguridade ou a saúde pública.
  • Carecer de antecedentes penais en España e nos países onde residise os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
  • Non padecer ningunha das enfermidades que poden ter repercusións de saúde pública graves de conformidade co disposto no Regulamento Sanitario Internacional de 2005.
  • Ser titular dunha autorización de estadía de longa duración por estudos ou prórroga da mesma.
  • Ter finalizado os estudos e ter alcanzado como mínimo o Nivel 6, de acordo ao Marco Europeo de Cualificacións, correspondente á acreditación de grao universitario.
  • Contar cun seguro médico público ou privado de enfermidade concertado cunha Entidade aseguradora autorizada para operar en España.
  • Ter medios económicos suficientes para sufragar os gastos de residencia e, se é o caso, os dos seus familiares, de acordo coas seguintes contías:
  • Para o seu sostemento, mensualmente, o 100 % do IPREM, salvo que se acredite debidamente ter aboado de antemán o aloxamento, nese caso será do 50% do IPREM, por todo o tempo que teña que durar a residencia.
  • Para o sostemento dos seus familiares, mensualmente, o 75% do IPREM para o primeiro familiar e o 50% do IPREM para cada unha das restantes persoas, salvo que se acredite debidamente ter aboado de antemán o aloxamento por todo o tempo que teña que durar a residencia.
  • Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

  • Declaración responsable detallando os medios cos que acredite a suficiencia de recursos económicos.
  • Documentación acreditativa de ter finalizado os estudos, tendo obtido, como mínimo,o título de grao universitario.
  • Copia do pasaporte en vigor ou título de viaxe, recoñecido como válido en España, con vixencia mínima dun ano.
  • Documentación acreditativa de dispor de seguro médico.
  • Se a autorización de estadía por estudos foi de duración inferior a seis meses:
  • Certificado de antecedentes penais expedido polas autoridades do país de orixe ou do país en que residise durante os últimos cinco anos.

Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro non comunitario deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostillado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presenta-la solicitude a persoa estranxeira ou o seu representante.

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados.

  • Lugar de presentación:
  • Telematicamente, a través da sede electrónica do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (Mercurio) , e dirixida á Delegación ou Subdelegación do Goberno da provincia na que vaia residir.

Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.

  • Prazo para presentar a solicitude:durante os sesenta días naturais previos á data de expiración da vixencia da autorización de estadía por estudos da que é titular. Tamén se poderá presentar dentro dos noventa días naturais posteriores, sen prexuízo da incoación do correspondente procedemento sancionador
  • Taxa correspondente: devengarase no momento de presentación da solicitude e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles:
  • Modelo 790 código 052, epígrafe 2.1.1. “Autorización inicial de residencia temporal non lucrativa”.

O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.

  • Prazo de resolución da solicitude: vinte días contados a partir do día seguinte á data de presentación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración dese resposta expresa, poderase entender que a solicitude foi estimada por silencio administrativo. (Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optou por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).

A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34

CARACTERÍSTICAS DA AUTORIZACIÓN

  • Duración:

Con esta autorización poderán permanecer en España durante un período de vinte e catro meses improrrogable,co fin de buscar un emprego adecuado,en relación co nivel dos estudos finalizados ou para emprender un proxecto empresarial.

Durante a vixencia da autorización de residencia para a procura de emprego ou para emprender un proxecto empresarial,non se está autorizado a traballar.

  • Familiares:

Poden acompañar ao estudante os mesmos familiares que xa o acompañasen durante a súa estancia por estudos en España, como titulares de autorización de estancia como familiar.

  • Non os autoriza a traballar.
  • Modificación:

No caso de atopar un emprego adecuado en relación co nivel dos estudos finalizados ou de ter emprendido un proxecto empresarial, deberase solicitar a autorización correspondente de entre as reguladas na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro ou na Lei 14/2013, do 27 de setembro.

Para a non aplicación da situación nacional de emprego esíxese que as persoas estranxeiras se atopasen en España durante polo menos un ano en situación de residencia.