Folla 15- Renovación da autorización de residencia temporal e traballo por conta propia

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: maio de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de autorización
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento

AUTORIAutorización

A renovación da autorización de residencia temporal e traballo por conta propia.

NORMATIVA BÁSICA

  • Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 25 bis, 36 e 37).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 86 e 87).

REQUISITOS

  • Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, ou familiar de cidadáns destes países aos que lles sexa de aplicación o réxime de cidadán da Unión.
  • Carecer de antecedentes penais en España e nos países onde residise os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
  • Non representar unha ameaza para a orde pública, a seguridade ou a saúde pública
  • Non figurar como rexeitable no espazo territorial de países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
  • Se é o caso, acreditar a escolarización dos menores ao seu cargo en idade de escolarización obrigatoria.
  • Poder acreditar un dos seguintes supostos:
  • Continuar coa actividade que deu lugar á autorización que se vai renovar, sempre que se cumprisen as obrigas tributarias e de Seguridade Social.
  • Cando un familiar, definido nos termos do artigo 66 do Regulamento (familiares reagrupables) , cumprise cos requisitos económicos para reagrupar a persoa traballadora.
  • Ser beneficiario da protección por cesamento de actividade.
  • No caso de traballadores autónomos economicamente dependentes, cando se produza a extinción ou interrupción do contrato por causas alleas á persoa traballadora autónoma, incluída a traballadora autónoma economicamente dependente que sexa vítima de violencia de xénero ou vítima de violencia sexual.
  • Cando a persoa traballadora se encontre nalgunha das situacións previstas no artigo 38.6 b) e c) da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro:
  • Cando pola autoridade competente, conforme a normativa da Seguridade Social, se outorgase unha prestación contributiva por desemprego.
  • Cando a persoa estranxeira sexa beneficiaria dunha prestación económica asistencial de carácter público destinada a lograr a súa inserción social ou laboral.
  • Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.

  • Copia completa do pasaporte ou título de viaxe en vigor.
  • Se é o caso,informe emitido polas autoridades competentes, ou as autonómicas en cada caso, ou do centro educativo que acredite a escolarización dos menores ao seu cargo que estean en idade de escolarización obrigatoria.
  • Documentación segundo o suposto polo que se solicita a renovación:
  • Se o familiar dispón dos requisitos económicos suficientes para reagrupar o traballador.
  • Documentación que hai que achegar:
  • Documentación acreditativa do vínculo familiar.
  • Acreditación dos medios económicos.
  • Se ten outorgada protección por cesamento de actividade.
  • Documentación que hai que achegar:
  • Acreditación da concesión da protección.
  • Se se produce a interrupción ou extinción do contrato por causas alleas á persoa traballadora autónoma:
  • Documentación que hai que achegar:
  • Documentación acreditativa da interrupción ou extinción do contrato por causa allea á súa vontade.

No suposto de non poder acreditar algún dos requisitos exixidos,poderase achegar, para valoración pola Oficina de Estranxeiría, dun informe positivo de esforzo de integración da Comunidade Autónoma do seu lugar de residencia en que conste a participación en accións formativas e o coñecemento das linguas oficiais.

Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude: o traballador persoalmente ou mediante representación.

Folla informativa sobre suxeitos lexitimados

  • Lugar de presentación:

Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.

  • Prazo de solicitude: durante os dous meses previos á data de expiración da vixencia da autorización. Tamén se pode solicitar dentro dos tres meses posteriores á data en que finalizase a vixencia da autorización, sen prexuízo da posibilidade de que sexa incoado o correspondente procedemento sancionador.
  • A presentación da solicitude en prazo prorroga a validez da autorización anterior ata a resolución do procedemento.
  • Taxas correspondentes de residencia e traballo:devengaranse no momento de presentación da solicitude, e deberán aboarse no prazo de dez días hábiles:
  • Modelo 790 código 052, epígrafe 2.2.3. “Renovación de residencia temporal e traballo por conta allea e propia”.
  • Modelo 790 cóxido 062, epígrafe 3.3.2 “autorización de traballo para autorizacións renovadas de residencia temporal de traballo por conta propia”.

O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.

  • Prazo de resolución da solicitude: tres meses contados a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi estimada por silencio administrativo. (Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU) Se se optase por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
  • A renovación da vixencia da autorización de residencia e traballo por conta propia é de catro anos, salvo que habilitará unha autorización de residencia de longa duración, e corresponda a traballar por conta allea e por conta propia en calquera parte do territorio nacional e en calquera sector de actividade.

A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:

https: / / / sede.administracionespublicas.gob.es/procedimientos/index/categoria/34