Documentación

  1. DOCUMENTACIÓN PERSOAL: DNI, PASAPORTE E VISADOS.
    1. Se es español e vas a un país do Espazo Económico Europeo e Suíza

      Se o teu destino é un país do Espazo Económico Europeo e Suíza.

      Non se necesita pasaporte, pódese viaxar con DNI en vigor. Ademais, non che esixirán a presentación do DNI na fronteira, se a viaxe é entre países do espazo Schengen, pero se vas a Bulgaria, Chipre, Croacia, Irlanda, Romanía ou Reino Unido, deberás presentar un documento de identidade ou pasaporte válidos. Estes países pertencen á UE, mais non ao espazo Schenxen.

    2. Se es español e vas a un país de fóra do Espazo Económico Europeo e Suíza

      Para o resto de países necesítase o pasaporte e nalgúns deles, o pasaporte debe ter unha vixencia superior a seis meses, sendo necesario informarse sobre a esixencia do visado de entrada.

      Se o obxecto do desprazamento é traballar, emprender un negocio, ou estudar, deberás xestionar os visados para tales actividades antes de emprender a viaxe. Para informarse, dirixirse ao Consulado ou Sección Consular da Embaixada do país ou países de destino acreditados en España.

      Estes trámites adoitan esixir a presentación de diversa documentación polo cal é aconsellable realizalos coa suficiente antelación.

    3. Se es español e viaxas a un país europeo con familiares de países de fóra do Espazo Económico Europeo e Suíza

      Se viaxas con familiares de nacionalidades non pertencentes ao Espazo Económico Europeo ou Suíza, estes deberán levar en todo caso un pasaporte válido, documentación do motivo da viaxe e, dependendo do país de orixe, un visado de entrada. Algúns familiares non necesitarán visado de entrada, dependendo de diversas circunstancias, entre outras, do vínculo familiar, do país de destino (sexa ou non do espazo Schengen) ou da posesión dun permiso de residencia dun país do ámbito da UE.

      Máis información

  2. Asistencia sanitaria
    1. Se te desprazas a outro país do Espazo Económico Europeo e Suíza.

      Se tes intención de trasladarte a vivir a outro país da UE, o país responsable da túa cobertura de seguridade social, incluído o seguro médico, dependerá da túa situación económica: empregado, autónomo, en paro, estudante, desprazado pola túa empresa, traballador transfronteirizo, etc. Non é algo que poidas decidir ti.

      Segundo a túa situación, ou ben seguirás cuberto pola seguridade social do teu país de orixe ou ben pasarás a depender da do teu país de residencia, estudo ou traballo. En ambos os casos terás que facer trámites para manter a túa cobertura de saúde e seguridade social.

      Ten en conta que a Tarxeta Sanitaria Europea é un documento válido só nos casos de desprazamentos temporais.

      Tamén podes informarte sobre a posibilidade de contratar un seguro privado.

    2. Se te desprazas a un país non pertencente ao ámbito do Espazo Económico Europeo ou Suíza

      Neste caso, deberase ter en conta que en moitos casos os gastos de hospitalización ou tratamento médico, deben ser asumidos polo paciente e poden chegar a ser moi elevados. Por iso é conveniente e, nalgúns casos obrigatorio, contratar un seguro médico privado que cubra as situacións de enfermidade ou accidente, ou outras eventualidades tales como a evacuación en avión ambulancia. As Embaixadas e Consulados non pagan gastos médicos nin de viaxe.

      Suxírese consultar as Recomendacións de viaxe do MAEC.

  3. CARNET DE CONDUCIR
    1. Conducir na Unión Europea

      Se tes previsto vivir nun dos 28 Estados membros da UE + Islandia, Liechtenstein e Noruega, poderás conducir co teu permiso en vigor. As categorías AM, A1, A2, A, B, BE, B1, B1E, C1, C1E, C, CE, D1, D1E, D e DE son recoñecidas en toda a Europa.

      Antes de trasladarte, comproba que non che caducase o permiso de conducir. Os certificados ou permisos provisionais emitidos polo teu país de orixe non se recoñecen noutros países da UE.

      A administración do país no que esteas inscrito como residente é a única que pode renovarte o permiso (ou facer o troco dun permiso expedido noutro país). Se trocas o permiso que tiñas por outro do país onde establezas a residencia, a partir dese momento quedarás suxeito á mesma normativa que os seus cidadáns en canto a prazos de validez, revisións médicas, etc.

      Máis información

    2. Conducir fóra da Unión Europea

      A autorización internacional de condución é necesaria para poder conducir temporalmente polo territorio de países que non sexan membros da Unión Europea e que non adoptasen o modelo de permiso previsto nos Convenios de Xenebra ou Viena. O modelo e prescricións do permiso internacional para conducir adáptanse ao disposto no Convenio Internacional de Xenebra do 19 de setembro de 1949. Este tipo de permiso ten unha validez de 1 ano e non é válido para conducir no país que o expide (no noso caso, en España).

      Na actualidade, existen convenios internacionais con determinados países que posibilitan o troco do permiso de conducir español polo do novo país de residencia do interesado. Tal é o caso, entre outros, de Andorra, Arxentina, Bulgaria, Colombia, Corea do Sur, Ecuador, Xapón, Suíza e Uruguai.

      Máis información nas embaixadas e consulados do país, en España.

    3. En xeral

      Non debemos esquecer que a carta de condución internacional ten unha validez temporal e que, ao tornarse residente permanente, é normalmente necesario alterar a carta de condución española polo do país de residencia, de acordo coas normas e criterios estabelecidos en cada Estado ou en convencións internacionais ou acordos bilaterais.

  4. Outros documentos necesarios

    Ademais da documentación ordinaria de viaxe (pasaporte ou DNI, se o destino é un país do Espazo Económico Europeo ou Suíza) será necesario levar documentación xustificativa das titulacións académicas, cualificacións profesionais, experiencia laboral e habilidades, así como aquela destinada a acreditar os requisitos que as autoridades do país de destino ou, se é o caso, as empresas ou institucións puidesen esixir.

    Por iso, será conveniente levar o carné de conducir, o certificado de penais, títulos académicos ou profesionais traducidos, se é o caso, referencias das empresas nas que traballases, acreditación de coñecementos de idiomas, entre outros.

    1. Legalización dos documentos

      Mediante a legalización, os documentos públicos españois terán validez no estranxeiro. Con carácter xeral, todos os documentos públicos estranxeiros deben ser legalizados para ter validez en España así como todo documento público español require a legalización diplomática e consular para ser válido no estranxeiro, salvo que exista unha norma ou instrumento xurídico que exima de tal obriga. Este é o caso da Convención dA Haia de 5 de outubro de 1961 referida ao momento seguinte, que suprime este requisito e o substitúe pola chamada “apostila”.

      Máis información:

      Sección de Legalizacións do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación

      C / Ruiz de Alarcón, 5 (esq. Juan de Mena, 4)

      28014 Madrid.

      Tel: 91 379 16 55.

    2. Convenio da Apostila

      O Convenio da Haia de 5 de outubro de 1961, de Supresión da Esixencia de Legalización nos Documentos Públicos Estranxeiros coñecido como Convenio da Apostila, suprime o requisito de legalización diplomática e consular dos documentos públicos que se orixinen nun Estado asinante do Convenio e que se pretenda que teñan efectos noutro Estado tamén asinante.

      Posibilita o recoñecemento mutuo de documentos dos países signatarios mediante o trámite de colocación de selo ou apostila, que certificará a autenticidade da sinatura dos documentos públicos expedidos nun país asinante do Convenio e que deban producir efectos noutro país asinante do mesmo.

      Máis información:

      Ministerio de Xustiza

      Rúa Bolsa, nº 8.

      28012, Madrid

      Tel. 902.007.214.

    3. Recoñecemento de firmas por parte das autoridades españolas para a legalización de documentos académicos.

      A legalización de documentos académicos orixinais (Título oficial enxeñeiro/graduado, diplomado/enxeñeiro técnico, master, doutor, licenciado e certificados e documentos relacionados) que han de producir efectos no estranxeiro, é un proceso convido con carácter internacional, que require previamente o recoñecemento de sinaturas por parte das correspondentes Autoridades españolas.

    4. Tradución de documentos

      As traducións e interpretacións dunha lingua estranxeira ao castelán e viceversa unicamente terán carácter oficial se foron realizadas por quen se atope en posesión do título de Tradutor-Int. te Xurado que outorga o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación. Para o outorgamento deste título será necesario posuír un título de Grao ou equivalente.

      A Oficina de Interpretación de Linguas elabora periodicamente unha listaxe de todos os Tradutores-Int. tes Xurados que foron nomeados polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, con indicación do idioma ou idiomas para cuxa tradución e interpretación foron habilitados.

      O carácter oficial dunha tradución ou interpretación comporta que esta poida ser achegada ante órganos xudiciais e administrativos nos termos que se determine regulamentariamente.

      O Tradutor-Int. te Xurado certificará co seu selo e firma a fidelidade e exactitude da tradución e interpretación.

      Máis información na web do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

      Ver os requisitos de tradución na Lei da Acción do Servizo Exterior.

    5. Validación e Homologación de estudos españois

      Para dar validez no estranxeiro aos estudos cursados no sistema educativo español ou ás titulacións académicas ou profesionais obtidas en España, co fin de continuar estudando ou de traballar no estranxeiro, será necesario tramitar a correspondente homologación de estudos ou validación de título ante as autoridades do país de destino.

      Máis información:Titulacións obtidas en España.

      As persoas interesadas deben contactar co Consulado ou Embaixada do país ou destino acreditado en España ou coas autoridades correspondentes no país de destino para coñecer os requisitos e procedementos para o recoñecemento de estudos españois neste país.

      No Consulado ou Embaixada do país ou países de destino acreditados en España informaranche sobre a documentación e requisitos para o trámite de homologación de estudos e validación de títulos españois.