Hoja 64 - Autorización de trabajo a penados extranjeros en régimen abierto o libertad condicional - Migracións
Folla 64- Autorización de traballo a penados estranxeiros en réxime aberto ou liberdade condicional
*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.
Última actualización: maio de 2025
Índice de contidos
- Tipo de autorización
- Normativa básica
- Requisitos
- Documentación esixible
- Procedemento
AUTORIAutorización
Trátase de que a resolución da autoridade penitenciaria competente de clasificación de terceiro grao ou o Auto do Xuíz de Vixilancia polo que se acorda a dita clasificación ou a liberdade condicional teña validez de autorización de traballo por conta allea,baixo determinadas circunstancias, para o desenvolvemento de actividades laborais en réxime aberto ou liberdade condicional.
NORMATIVA BÁSICA
- Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 31.5, 36.1, 57.2).
- Acordo do Consello de Ministros polo que se aproban as Instrucións do 1 de xullo de 2005, polas que se determina o procedemento para autorizar o desenvolvemento de actividades laborais, por parte dos estranxeiros internos nos talleres produtivos dos centros penitenciarios, e o exercicio de actividades laborais a penados estranxeiros en réxime aberto ou en liberdade condicional.
REQUISITOS
- O penado deberá acreditar unha das seguintes condicións:
- Estar no momento da condena en situación de residencia ou estadía por estudos.
- Estar no momento da condena ou no da resolución da autoridade penitenciaria competente de clasificación en terceiro grao ou Auto do xuíz de vixilancia polo que acorda a dita clasificación ou a concesión de liberdade condicional, nun dos supostos para a obtención dunha autorización de residencia temporal por circunstancias excepcionais.
- Estar no momento da condena ou no da resolución da autoridade penitenciaria competente de clasificación en terceiro grao ou Auto do xuíz de vixilancia polo que acorda a dita clasificación ou a concesión de liberdade condicional, nun dos supostos para a obtención de residencia de longa duración.
DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE
Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais.
- Impreso de solicitude en modelo oficial (EX- 03).
- Copia completa do pasaporte, cédula de inscrición ou título de viaxe en vigor.
- Resolución da autoridade penitenciaria competente de clasificación en terceiro grao, ou Auto do xuíz de vixilancia polo que se acorda a dita clasificación ou a concesión de liberdade condicional.
- Documentación que acredite que o penado no momento da condena atopábase en situación de residencia ou estadía por estudos; ou que no momento da condena ou clasificación en terceiro grao ou liberdade condicional reunía as condicións para obter residencia por circunstancias excepcionais ou longa duración.
PROCEDEMENTO
- A autoridade penitenciaria competente dará traslado á Delegación ou Subdelegación do Goberno da provincia na que se atopa o Centro Penitenciario, e á Dirección Xeral de Xestión Migratoria, da súa resolución, ou do Auto do Xuíz de Vixilancia, para os efectos da validez do expediente de instrución de concesión de autorización de traballo.
- Así mesmo,a autoridade penal competente dará traslado da copia completa do pasaporte, cédula de inscrición ou título de viaxe en vigor e, se é o caso, da demais documentación.
- Prazo de resolución: 3 meses contados a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi desestimada por silencio administrativo.
- A concesión de validez de autorización de traballo da resolución da autoridade penitenciaria competente ou do Auto do Xuíz de Vixilancia,terá plenos efectos en materia de afiliación, alta e cotización á Seguridade Social.
- A concesión de validez de autorización de traballo non outorgará por si mesma, en ningún caso, a condición de residente estranxeiro.
- A concesión de validez de autorización de traballo terá unha duración máxima inicial de seis meses e ata a data de cumprimento da condena, podendo solicitar o penado a súa renovación sucesiva á Delegación ou Subdelegación do Goberno que concedeu a validez inicial.