Hoja 49 - Autorización de residencia de larga duración nacional - Migracións
Folla 49- Autorización de residencia de longa duración nacional
*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.
Última actualización: maio de 2025
Índice de contidos
- Tipo de autorización
- Normativa básica
- Requisitos
- Documentación esixible
- Procedemento
AUTORIAutorización
É unha autorización de residencia que autoriza a residir e traballar en España indefinidamente nas mesmas condicións que os españois.
NORMATIVA BÁSICA
- Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro,sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 32).
Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigos 182 a 185).
REQUISITOS
- Non ser cidadán dun Estado da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza.
- Carecer de antecedentes penais en España e nos países onde residise os últimos cinco anos, por delitos existentes no ordenamento español.
- Non figurar como rexeitable no espazo territorial de países cos que España teña asinado un convenio en tal sentido.
- Non atoparse, se é o caso, dentro do prazo de compromiso de non retorno a España que a persoa estranxeira asumise ao retornar voluntariamente ao seu país de orixe.
- Non representar unha ameaza para a orde pública, a seguridade ou a saúde pública.
- Atoparse nun destes supostos:
A continuidade non se verá afectada por:
-Ausencias do territorio español de ata seis meses continuados,sempre que a suma non supere dez meses dentro dos cinco anos.Se é por motivos laborais non poderá superar o total de dezaoito meses dentro dos cinco anos requiridos
-Ausencias do territorio español por causas de forza maior debidamente xustificadas, sendo o órgano competente en resolver o encargado de valorar de forma individualizada se existe unha situación excepcional que xustifique as ditas ausencias.
-A vinculación medite unha relación laboral do titular da autorización a organizacións non gobernamentais, fundacións ou asociacións, inscritas no rexistro xeral correspondente e recoñecidas oficialmente de utilidade pública como cooperantes, e que realicen para aquelas proxectos de investigación, cooperación ao desenvolvemento ou acción humanitaria, levados a cabo no estranxeiro.
- Ter residido legalmente e de forma continuada en territorio español durante os cinco anos previos á presentación da solicitude.
- Ser residente beneficiario dunha pensión de xubilación contributiva, incluída dentro da acción protectora do sistema español da Seguridade Social. Igualmente, ser residente beneficiario dunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou de grande invalidez, na súa modalidade contributiva,incluída dentro da acción protectora do sistema español da Seguridade Social ou de prestacións análogas ás anteriores obtidas en España e consistentes nunha renda vitalicia, non capitalizable, suficiente para o seu sostemento.
- Ser residente e ter nacido en España e que, ao chegar á maioría de idade, residisen en España de forma legal e continuada durante, polo menos, os tres anos consecutivos inmediatamente anteriores á solicitude.
- Ter sido español de orixe e ter perdido a nacionalidade española.
- Ser residente que ao chegar á maioría de idade estivese baixo a tutela dunha entidade pública española durante os cinco anos inmediatamente anteriores de forma consecutiva.
- Ser apátrida, refuxiado ou beneficiario de protección subsidiaria, atoparse en territorio español e terlle sido recoñecido o respectivo estatuto en España ou noutro Estado membro da UE.
- Contribuír de forma notoria ao progreso económico, científico ou cultural de España, ou á proxección de España no exterior. Nestes supostos, corresponderalle ao titular do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a concesión da autorización de residencia de longa duración, logo de informe do titular do Ministerio do Interior.
- Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.
DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE
Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude.
- Impreso de solicitude en modelo oficial (EX – 11) , debidamente cumprimentado e asinado pola persoa estranxeira, agás no suposto de contribuír ao progreso económico, científico ou cultural, que será instada de oficio pola Dirección Xeral de Migracións, logo de proposta dunha autoridade pública con competencia relacionada co mérito en que se fundamenta a petición.
- Copia completa do pasaporte, título de viaxe recoñecido como válido en España ou cédula de inscrición do solicitante en vigor.
- Impreso acreditativo do pagamento da taxa
- En caso de solicitudes fundamentadas en períodos de residencia previos, informe emitido polas autoridades autonómicas, ou as competentes en cada caso, ou do centro educativo que acredite a escolarización dos menores ao seu cargo que estean en idade de escolarización obrigatoria.
- Dependendo do suposto:
- Documentación acreditativa de atoparse nalgún dos supostos previstos no artigo 183.3, alíneas c) a f) do Regulamento (supostos recollidos no apartado “requisitos” desta folla).
- Se é o caso, certificado de antecedentes penais expedido polas autoridades do país de orixe ou do país ou países en que residise durante os últimos cinco anos previos á presentación da correspondente solicitude.
Nota importante:cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.
Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina Consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.
Información sobre tradución e legalización dos documentos.
PROCEDEMENTO
- Suxeito lexitimado para presenta-la solicitude:
- A persoa estranxeira ou
- No suposto g) , contribuír ao progreso económico, científico ou cultural: de oficio a Dirección Xeral de Xestión Migratoria, logo de proposta dunha autoridade pública con competencia relacionada co mérito en que se fundamenta a petición.
- Lugar de presentación:
- Se está en España:
- Presencialmente, na Oficina de Estranxeiría da provincia onde resida ou no caso en que non se requira a condición previa de residente en España, da provincia en que vaia fixar a súa residencia.
- Telematicamente, a través da sede electrónica do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (Mercurio).
- Se non se atopa en territorio español:
- Presencialmente, na Oficina Consular española da súa demarcación de residencia, que o remitirán á Oficina de Estranxeiría competente.
- Se está en España:
- Taxa correspondente:devengarase no momento de admisión a trámite da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles:
- Modelo 790 código 052, epígrafe 2.6 “autorización de residencia de longa duración-UE e autorización de residencia de longa duración nacional” :a aboar pola persoa estranxeira.
Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.
O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.
- Modelo 790 código 052, epígrafe 2.6 “autorización de residencia de longa duración-UE e autorización de residencia de longa duración nacional” :a aboar pola persoa estranxeira.
- Prazo de presentación da solicitude:nos dous meses inmediatamente anteriores á data de expiración da súa autorización de residencia.A presentación da solicitude neste prazo prorrogará a validez da súa autorización de residencia ata a resolución do procedemento. Tamén se prorrogará ata a resolución do procedemento no suposto de que a solicitude se presentase dentro dos tres meses posteriores á expiración da súa autorización de residencia,sen prexuízo da incoación do correspondente procedemento sancionador pola infracción en que se incorrese. O disposto no parágrafo anterior non será de aplicación para aquelas persoas estranxeiras que sexan titulares dunha autorización de residencia en vigor e xa cumpran co establecido no artigo 183 do Regulamento.
- Prazo de resolución da solicitude: tres meses contados a partir do día seguinte á data en que tivese entrada no rexistro do órgano competente para tramitalas. Transcorrido o dito prazo sen que a Administración practicase a notificación, poderase entender que a solicitude foi estimada por silencio administrativo. (Cando non se puidese notificar a resolución anunciarase no Taboleiro Edictal Único (TEU).Se se optase por notificación electrónica ou normativamente estivese obrigado a utilizar ese medio, a resolución notificarase mediante publicación na sede electrónica.Se non se accedese á resolución en dez días naturais desde a súa publicación, darase por notificada).
- No prazo dun mes desde a notificación da concesión da autorización de residencia de longa duración,a persoa estranxeira deberá solicitar persoalmente a tarxeta de identidade de estranxeiros na Comisaría de Policía ou servizos policiais competentes do seu lugar de residencia.
A documentación a achegar na solicitude da tarxeta de identidade de estranxeiro pode ser consultada no seguinte enlace:
- Os titulares dunha autorización de residencia de longa duración nacional deberán solicitar a primeira renovación da tarxeta de identidade de estranxeiro aos cinco anos. A segunda renovación e as sucesivas renovacións da tarxeta de identidade de estranxeiro solicitaranse cada cinco anos ata que o titular cumpra os trinta anos de idade e cada dez anos unha vez os cumpra.
- A solicitude de renovación deberá presentarse durante os dous meses inmediatamente anteriores á data de expiración da vixencia da tarxeta. A presentación da solicitude neste prazo prorrogará a validez da tarxeta anterior ata a resolución do procedemento. Tamén se prorrogará ata a resolución do procedemento no suposto de que a solicitude se presentase dentro dos tres meses posteriores á data en que finalizase a vixencia da anterior tarxeta, sen prexuízo da incoación do correspondente procedemento sancionador pola infracción en que se incorrese.