Folla 45- Desprazamento temporal de menores estranxeiros con fins de escolarización

*O contido desta páxina é meramente orientativo. Unicamente é de aplicación o disposto na normativa vixente no momento de presentación da solicitude.

Última actualización: agosto de 2025

Índice de contidos

  • Tipo de solicitude
  • Normativa básica
  • Requisitos
  • Documentación esixible
  • Procedemento

SOLIDe solicitude

É a estancia derivada do desprazamento temporal de menores, a partir dos doce anos, con fins de escolarización no marco dun programa humanitario.

O desprazamento temporal con fins de escolarización no marco dun programa humanitario terá natureza xurídica de estadía por estudos.

Con antelación será preciso obter un informe previo favorable do subdelegado ou delegado do Goberno para ese desprazamento temporal e de carácter humanitario de menores estranxeiros a España con fins de escolarización.

NORMATIVA BÁSICA

  • Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social (artigos 25 bis e 30).
  • Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (artigo 164).

REQUISITOS

    • O desprazamento temporal de menores estranxeiros con fins de escolarización precisa encadrarse dentro dun programa de carácter humanitario
    • Considérase programa de carácter humanitario cando se dan,polo menos, algunha das seguintes circunstancias:
      • cando o país de orixe se haxa en situación de conflito bélico ou en dificultade social por mor deste,
      • cando o país de orixe se encontre afectado por catástrofes ou desastres naturais ou provocados polo ser humano,
      • cando a persoa menor se atope en campos de refuxiados,
      • cando no país de orixe non poida desenvolverse o tratamento médico especializado ou a Intervención cirúrxica.
    • A entidade ou persoa que promova e financie o programa terá a consideración de interesada no procedemento e poderá tratarse dalgunha das seguintes:
      • Administracións Públicas.
      • Asociacións sen ánimo de lucro ou fundacións inscritas en rexistros públicos.
  • A persoa menor de idade deberá ter como mínimo 12 anos.
    • Débese acreditar de que a persoa menor foi admitida nun centro de ensino recoñecido oficialmente en España.
    • A solicitude do informe previo sobre o desprazamento temporal efectuarase cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro á data programada.
  • A entidade que promova o programa deberá presentar ante a Delegación ou Subdelegación do Goberno:
      • Informe emitido polo órgano autonómico competente en materia de protección de menores indicando que se trata dun programa de carácter humanitario e que se comprobou o certificado de antecedentes penais como o certificado de delitos de natureza sexual emitidos polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes referidos a todas as persoas maiores de 14 anos que vaian convivir co menor.
      • O compromiso por parte das autoridades españolas (órgano provincial, autonómico ou local de protección de menores) de velar pola adecuada atención da persoa estranxeira menor de idade podendo aplicar as autoridades españolas mecanismos de supervisión e control para protexela ante calquera situación de desprotección que puidese afectarlle.
  • Autorización previa expresa das persoas que ostenten a patria potestade, tutela ou garda e custodia.
      • Compromiso escrito do promotor de facilitar o regreso ao país de orixe das persoas menores de idade e que o mencionado regreso non implica custo para o erario público, salvo que o devandito custo fose asumido expresa e previamente polo órgano competente.
  • No programa deberá quedar constancia dos requisitos e autorizacións exixibles en España, proporcionados para o fin da estadía e a súa duración, tanto en materia sanitaria como de protección xurídica da persoa menor en relación coa finalidade exposta e desa duración, co fin de garantir a ausencia de risco de desprotección deste.
  • Se as persoas menores estranxeiras van permanecer con familias ou persoas individuais, estas deberán expresar por escrito o seu coñecemento de que o desprazamento do menor non ten por obxecto a adopción e o seu compromiso de favorecer o regreso ao seu país de orixe ou procedencia.
    • As asociacións sen ánimo de lucro ou fundacións ou a persoa física ou familia coa que vaia permanecer a persoa menor estranxeira non deben incumprir nalgunha das edicións do programa o seu compromiso de favorecer o regreso da persoa menor ao seu lugar de procedencia, salvo en casos de permanencias derivadas da necesidade de recibir asistencia sanitaria especializada en España debidamente comunicadas á Delegación ou Subdelegación do Goberno competente e autorizadas por eles.
    • Para a expedición dos correspondentes visados, a Oficina Consular no país de orixe da persoa menor estranxeira deberá comprobar que existe previo informe favorable do Delegado ou o Subdelegado do Goberno, a autorización expresa de quen exerza a patria potestade ou tutela, así como todo o relativo aos requisitos dos pasaportes individuais ou colectivos, salvocondutos ou outra documentación de viaxe das persoas menores.
  • A estancia acabará ao finalizar o curso académico, en cuxo momento, salvo que razóns excepcionais o impidan,o menor deberá regresar ao seu país.
  • No caso de que se desexe que a persoa menor continúe cos estudos por máis dun curso académico, deberase incluír ao menor nun novo programa humanitario, conlevando para iso a entrega de toda a documentación e cumprimento dos requisitos novamente.
  • Aboar a taxa correspondente pola tramitación do procedemento.

DOCUMENTACIÓN EXIXIBLE

Nota: con carácter xeral deberanse achegar copias dos documentos e exhibir os orixinais no momento de presentar a solicitude:

  • Impreso de solicitude de informe previo, en modelo oficial (EX–25) debidamente cumprimentado e asinado pola entidade promotora do programa.
  • Copia do pasaporte completo da persoa menor de idade ou título de viaxe con vixencia superior ao período para o que se solicita a estadía.
  • Acreditación a través do Informe emitido polo órgano autonómico competente en materia de protección de menores que indique que se trata dun programa de carácter humanitario e que se comprobou o certificado de antecedentes penais como o certificado de delitos de natureza sexual emitidos polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes referidos a todas as persoas maiores de 14 anos que vaian convivir co menor.
  • Acreditación documental do compromiso por parte das autoridades españolas (órgano provincial, autonómico ou local de protección de menores) de velar pola adecuada atención da persoa estranxeira menor de idade podendo aplicar as autoridades españolas mecanismos de supervisión e control para protexela ante calquera situación de desprotección que lle puidese afectar.
  • Acreditación documental da autorización previa expresa das persoas que ostenten a patria potestade, tutela ou garda e custodia da persoa menor de idade que se desprazará.
  • Acreditación documental do compromiso escrito do promotor de facilitar o regreso ao país de orixe da persoa menor de idade e que o mencionado regreso non implica custo para o erario público, salvo que o dito custo fose asumido expresa e previamente polo órgano competente.
  • Acreditación documental de que o programa reúne os requisitos e autorizacións exixibles en España, proporcionados para o fin da estancia e a súa duración, tanto en materia sanitaria como de protección xurídica da persoa menor en relación coa finalidade exposta e desa duración, para garantir a ausencia de risco de desprotección desta (a cobertura sanitaria tamén debe cubrir o desprazamento non só a estancia).
  • Acreditación documental de que, se a persoa menor estranxeira vai permanecer cunha familia ou persoa individual, estas deberán expresar por escrito o seu coñecemento de que o desprazamento de persoa menor non ten por obxecto a adopción e o seu compromiso de favorecer o regreso ao seu país de orixe ou procedencia.
  • Copia do NIF da Entidade, así como do documento que acredite que o asinante da solicitude ostenta a representación legal ou no seu caso, así como o seu DNI ou NIE, ou consentimento para comprobar os datos de identidade a través do Sistema de Verificación de Datos de Identidade e Residencia.
  • Constatarase que a asociación sen ánimo de lucro ou fundación ou a persoa física ou familia coa que vaia permanecer a persoa menor non incumprisen nalgunha das edicións do programa o seu compromiso de favorecer o regreso da persoa menor ao seu lugar de procedencia, salvo en casos de permanencias derivadas da necesidade de recibir asistencia sanitaria especializada en España debidamente autorizadas á Delegación ou Subdelegación do Goberno competente e comunicadas por eles.

Nota importante: cando se acheguen documentos doutros países deberán estar traducidos ao castelán ou lingua cooficial do territorio onde se presente a solicitude por un tradutor xurado.

Lista de tradutores xurados.

Por outro lado, todo documento público estranxeiro deberá ser previamente legalizado pola Oficina consular de España con xurisdición no país en que se expediu o devandito documento ou, se é o caso, polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación salvo no caso en que o devandito documento fose apostilado pola Autoridade competente do país emisor segundo o Convenio da Haia do 5 de outubro de 1961 e salvo que o devandito documento estea exento de legalización en virtude de Convenio Internacional.

Información sobre a tradución e legalización dos documentos.

PROCEDEMENTO

  • Suxeito lexitimado para presentar a solicitude de informe previo: o representante da entidade promotora do programa, persoalmente:
  • Lugar de presentación:
    • Presencialmente, na Oficina de Estranxeiría da provincia na que a persoa menor ou discapacitada estranxeira teña fixado o domicilio.
      Información da dirección, teléfonos e horarios de atención ao público.
    • Electrónicamente, a través da sede electrónica do Ministerio de Política Territorial. Persoalmente por unha das persoas proxenitoras ou titoras, se dispón de certificado electrónico, ou mediante un profesional (xestores administrativos, graduados sociais e avogados)
  • Taxa correspondente: devengarase no momento da solicitude, e deberá aboarse no prazo de dez días hábiles, son:
    • Modelo 790 código 052, epígrafe 5.13 “certificados ou informes emitidos a instancia do interesado”.

O impreso para o abono poderase descargar desde esta páxina.

  • O vencemento do prazo máximo dun mes sen terse notificado resolución expresa, lexitima para entendela desestimada por silencio administrativo.
  • O desprazamento temporal con fins de escolarización efectuarase cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro á data programada.
  • Para a expedición dos correspondentes visados, a Oficina Consular no país de orixe da persoa menor estranxeira deberá comprobar que existe previo informe favorable do Delegado ou o Subdelegado do Goberno, a autorización expresa de quen exerza a patria potestade ou tutela, así como todo o relativo aos requisitos dos pasaportes individuais ou colectivos, salvocondutos ou outra documentación de viaxe da persoa menor.
  • A estancia derivada do desprazamento con fins de escolarización terá a natureza xurídica de estadía por estudos.
  • A estancia acabará ao finalizar o curso académico, en cuxo momento, o menor deberá regresar ao seu país. No caso de que desexe continuar os estudos por máis dun curso, deberase incluír o menor nun novo programa, é dicir, deberase solicitar un novo informe previo favorable do subdelegado ou delegado do Goberno así como o resto de requisitos exixibles.