Subvencións a entidades sen fin de lucro para proxectos da área de integración de inmigrantes- 2015

(A desenvolver en 2016)

Convocatoria e normativa

  • Resolución do 3 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a persoas inmigrantes nacionais de terceiros paises (a desenvolver en 2016).

Obxecto/Finalidade

Os programas financiados con Orzamentos Xerais do Estado irán dirixidos á acollida integral para a atención das necesidades básicas e apoio á inserción e para equipamento e adaptación de inmobles. Os programas cofinanciados polo FSE terán como finalidade a inserción laboral mediante programas de emprego, de sensibilización e promoción da igualdade de trato e non discriminación no ámbito laboral e de formación de profesionais e voluntarios.

Os programas cofinanciados polo FAMI terán como obxecto a adquisición de coñecementos e habilidades necesarias para desenvolverse na sociedade española (información, orientación e asesoramento sobre a sociedade de acollida, en particular, programas de aprendizaxe do español e, se é o caso, de linguas cooficiais) , programas para mozos e menores no sistema educativo, programas específicos en materia de saúde, programas dirixidos a necesidades específicas da muller, promoción da igualdade de trato e non discriminación na sociedade e programas para a identificación de experiencias e boas prácticas.

Entidades beneficiarias

As entidades ou organizacións non gobernamentais que concorran á convocatoria deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 4 da Orde ESS/1423/2012 do 29 de xuño:

  • Ter como fins institucionais primordiais a realización de actividades a favor dos colectivos citados no artigo 1.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter ámbito de actuación estatal, excepto aquelas organizacións cuxo ámbito territorial de actuación sexa Ceuta e Melilla.
  • Deberán estar legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro administrativo estatal.
  • Dispoñer da estrutura e capacidade suficientes para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia operativa necesaria.
  • Non ter reintegrado máis do 40 por cento das axudas e subvencións recibidas en calquera das últimas cinco convocatorias.

Destinatarios dos proxectos

Serán destinatarios dos programas cofinanciados por FAMI as persoas nacionais de terceiros países que residan legalmente ou, no seu caso, que se atopen en proceso de obtención de residencia legal. Na medida en que sexa necesario para a aplicación eficaz dos programas subvencionados, estes poderán admitir nas súas accións aos familiares directos desas persoas.

Determinadas actividades dirixidas a fomentar o diálogo entre os mencionados nacionais de países terceiros e a sociedade de acollida e a promover a súa aceptación por parte desta, poderán estar dirixidas á poboación xeral. Os destinatarios dos programas cofinanciados por FSE deberán posuír a correspondente autorización de residencia ou traballo e residencia. Os destinatarios dos programas de acollida integral serán inmigrantes nacionais de terceiros países.

Prazo de presentación de solicitudes

De conformidade co artigo 6 da Orde ESS/1423/2012 do 29 xuño, as solicitudes para participar na presente convocatoria deberán presentarse no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente Resolución no «Boletín Oficial del Estado (BOE 04/07/2015) ».

Bases reguladoras da convocatoria

Orde ESS/1423/2012, do 29 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións na área de integración dos inmigrantes, solicitantes e beneficiarios de protección internacional, apátridas e protección temporal. (BOE 30/6/2012).

Formularios

Aquí poderanse atopar todos os documentos necesarios para cumprimentar a solicitude, para presentar tras a recepción provisional e para xustificar a subvención concedida.

Tamén se poden atopar na publicación da Resolución no BOE ou na propia Dirección Xeral de Migracións, rúa José Abascal, 39, 28003 Madrid.