Tesourería Xeral da Seguridade Social

Sr. D. Andrés Harto Martínez

Functions

  1. Inscrición de empresas e afiliación, altas e baixas de traballadores
  2. Xestión e control da cotización e da recadación das cotas e demais recursos de financiamento do sistema da Seguridade Social.
  3. Sistema de Remisión Electrónica de Datos (RED).
  4. Aprazamento ou fraccionamento das cotas da Seguridade Social, na forma, condicións e requisitos establecidos.
  5. Titularidade, xestión e administración dos bens e dereitos que constitúen o patrimonio inmobiliario e dos valores mobiliarios da Seguridade Social, na forma e condicións, que estableza o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, sen prexuízo das facultades atribuídas a outras entidades e administracións polas normas reguladoras do devandito patrimonio.
  6. Ordenación dos pagamentos das obrigas da Seguridade Social e a distribución no tempo e no territorio das dispoñibilidades en diñeiro para satisfacer puntualmente as ditas obrigas e evitar os desaxustes financeiros.
  7. Elaboración do anteproxecto de orzamentos de gastos da Tesourería e dos recursos do Sistema.
  8. Xestión do Fondo de Reserva da Seguridade Social, con respecto ás funcións atribuídas ao Servizo Común nesta materia.
  9. Xestión da función reaseguradora de accidentes de traballo.
  10. Xestión dos réximes de previsión voluntaria a que se refire o Decreto 1716/1974, do 25 de abril.
  11. Constitución, xestión e aplicación do fondo de estabilización do sistema de Seguridade Social a que se refire a disposición adicional 2ª do Real decreto lei 36/1978, do 16 de novembro.
  12. Desenvolvemento dos programas de loita contra a fraude.