Los beneficiarios del Ingreso Mínimo Vital son ya más de 1,7 millones
31/03/2023
Prestacións
Os beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital son xa máis de 1,7 millóns
Topics:
- A prestación chegou a 1.700.028 beneficiarios, dos que o 42,9 % son menores
- En dous de cada tres dos 595.511 fogares que recibiron o IMV, o titular é unha muller
- As prestacións con Complemento de Axuda para a Infancia superan as 343.130
Share on social networks:
O Ingreso Mínimo Vital (IMV) alcanzou a 595.511 fogares nos que viven 1.700.028 persoas, segundo a estatística publicada polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ata finais de marzo. Esta prestación, que aboa a Seguridade Social, está a ter unha especial incidencia na redución da pobreza infantil posto que, do total de beneficiarios, un 43% son menores (731.805). Ademais, se temos en conta o número de fogares, no 66% hai polo menos un menor (396.614).
Segundo estes datos, en dous de cada tres fogares o titular da prestación é unha muller e, se se ten en conta o total de beneficiarios, o 54,2 % son mulleres (968.223).
Respecto ao número de prestacións co Complemento de Axuda para a Infancia (CAPI) , son xa 343.130. O CAPI, que entrou en vigor en xaneiro de 2022, é unha axuda de 115 euros por fogar ao mes no caso de nenos de 0 a 3 anos; de 80,5 euros ao mes por cada neno entre 3 e 6 anos e de 57,5 euros ao mes por cada menor de entre 6 e 18 anos.
Autobús e carpa informativa do IMV
Nos últimos meses, o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións puxo a disposición dos cidadáns un autobús e unha carpa informativa nos que os cidadáns interesados tanto en coñecer esta prestación como o estado da súa solicitude ou que queiran saber se teñen dereito á mesma e, no seu caso, solicitala, puidesen acudir sen necesidade de cita previa. O obxectivo desta nova iniciativa foi estender o alcance do IMV e asegurar que todas as situacións de pobreza e exclusión se visen atendidas.
Estes dispositivos postos en marcha polo Ministerio atenderon a un total de 4.321 persoas de 44 localidades pertencentes a 16 comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla.