Los beneficiarios del Ingreso Mínimo Vital son ya más de 1,5 millones
29/12/2022
Prestacións
Os beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital son xa máis de 1,5 millóns
Topics:
- A prestación chegou a 549.670 fogares, o 65% con menores
- En dous de cada tres fogares, o titular do IMV é unha muller
- As prestacións con Complemento de Axuda para a Infancia superan as 300.000
- O IMV fortaleceuse en 2022 con novas medidas para lograr a plena integración das persoas que están en exclusión social
Share on social networks:
O Ingreso Mínimo Vital (IMV) alcanzou a 549.670 fogares nos que viven 1.542.675 persoas, segundo a estatística publicada polo Instituto Nacional da Seguridade Social ata finais de decembro. Esta prestación, que aboa a Seguridade Social, está a ter unha especial incidencia na redución da pobreza infantil posto que do total de beneficiarios un 42,7 % son menores (659.424). Ademais, se temos en conta o número de fogares, no 65,4 % hai polo menos un menor (359.290).
Segundo estes datos, en dous de cada tres fogares o titular da prestación é unha muller e, se se ten en conta o total de beneficiarios, o 54,4 % son mulleres (838.794).
Respecto ao número de prestacións co Complemento de Axuda para a Infancia (CAPI) , son xa 305.460. O CAPI, que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro, é unha axuda de 100 euros por fogar ao mes no caso de nenos de 0 a 3 anos; de 70 euros ao mes por cada neno entre 3 e 6 anos e de 50 euros ao mes por cada menor de entre 6 e 18 anos.
Novidades en 2022:
O IMV, tal e como se concibiu, non é só unha prestación; é a política máis ambiciosa que se puxo en marcha en España para acabar coas situacións de pobreza severa e para lograr a plena integración das persoas que están en exclusión social. En 2022, o Ministerio de Inclusión deu importantes pasos para profundar no seu alcance e extensión, como a posta en marcha do autobús informativo que percorre España para atender ás persoas vulnerables, potenciais beneficiarios da prestación, que non a solicitaron. Na primeira etapa do seu percorrido, o autobús atendeu a máis de 1.700 persoas en 14 municipios e distritos.
Este ano tamén se despregou o segundo paquete de proxectos piloto de itinerarios de inclusión vinculados ao Ingreso Mínimo Vital a través de 18 novos convenios con comunidades autónomas, concellos e entidades do terceiro sector, nos que participan 130.000 perceptores do IMV e rendas mínimas autonómicas en todo o territorio nacional. A través destes itinerarios preténdese reducir as vulnerabilidades destes fogares incidindo en diversos aspectos como a educación, a dixitalización, o emprego, o acompañamento social ou a saúde.
O Ministerio de Inclusión tamén concedeu este ano o primeiro Selo Social, unha distinción que recoñece a empresas, organizacións e institucións polo seu labor de inserción sociolaboral en favor das persoas beneficiarias do IMV.
Ademais, no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína aprobouse a subida extraordinaria dun 15% das contías das axudas do IMV, que se manterá en 2023.
Entrada en vigor do incentivo ao emprego
Co inicio do ano 2023 entra en vigor o incentivo ao emprego, que reforza o conxunto de políticas que compoñen o IMV e que se orienta a que o beneficiario que se incorpore ao mercado de traballo ou aumente o número de horas de emprego, no caso de que xa estea traballando, vexa garantida que a súa renda dispoñible sexa superior á que tería sen incentivo, cun incremento que se vai atenuando a medida que os rendementos do traballo aumentan. O incentivo calcúlase de oficio cando se revisa o IMV, no suposto de que haxa cambios nos ingresos do traballo do perceptor.
Máis detalles sobre o incentivo ao emprego:https: