La Seguridad Social suma 325.554 ocupados en lo que va de año, tras 51 meses de crecimiento ininterrumpido del empleo
02/08/2024
Balance mercado laboral
A Seguridade Social suma 325.554 ocupados no que vai de ano, tras 51 meses de crecemento ininterrompido do emprego
Topics:
- Hai preto de 21,2 millóns de afiliados en xullo, sen contar a estacionalidade e o efecto calendario, 1.335 máis que no mes anterior
- A afiliación media continúa en torno aos 21,4 millóns
- A serie diaria superou os 21,4 millóns de afiliados durante once días e, de forma continuada, entre o 15 e o 25 de xullo
- O mercado laboral español reflicte un dinamismo superior ao das grandes economías europeas desde antes da pandemia e crece un 9,4 % fronte ao 5,2 % de Francia ou o 1,7 % de Alemaña
- En termos interanuais, tamén crece máis a afiliación das mulleres (2,7 %) que a dos homes (2%)
Share on social networks:
A Seguridade Social rexistrou 21.168.490 afiliados en xullo, descontando a estacionalidade e o efecto calendario, o que supón un aumento de 325.554 ocupados no que vai de ano e de 485.580 respecto ao mesmo mes de 2023. Xa son 51 meses de crecemento ininterrompido do em
Maior estabilidade: 3,5 millóns de traballadores máis con contrato indefinido desde a aprobación da reforma laboral
Na actualidade, hai máis de 14 millóns de ocupados con contrato indefinido, dos que máis de 9,6 millóns traballan a tempo completo. Supoñen 3,5 millóns de afiliados (3.497.939) con contrato indefinido máis desde a aprobación da reforma laboral.
No último ano, os afiliados con contratos indefinidos a tempo completo crecen con maior intensidade (364.931 máis) que os de tempo parcial (89.498 máis) , mentres que diminúen os fixos descontinuos (12.929 menos).
Pono, tras sumar en xullo 1.335 afiliados máis.
En termos desestacionalizados, a afiliación sumou máis de 1,8 millóns de traballadores desde antes da pandemia.
En xullo, a afiliación media (serie orixinal) tamén arroxa un dato moi positivo e segue próxima aos 21,4 millóns de afiliados (21.383.106) , con 491.221 afiliados máis que hai un ano (+2,4 %).
A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, valora positivamente os datos, posto que España “leva 51 meses consecutivos creando emprego”. E engade: “Consolídase ademais a barreira dos 21 millóns que sobrepasamos en abril, un fito de valoración obrigatoria cada mes no que se mantén o récord”.
En comparación intermensual, o sector que máis creceu no Réxime Xeral é Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, con 49.133 afiliados máis (un 2,6 %) , seguido por Comercio (44.443). Todas as actividades do Réxime Xeral crecen salvo Educación e Outros Servizos.
En termos interanuais, destaca o crecemento en Educación, con 143.314 afiliados máis (un 14,9 %). Tamén se incrementan especialmente no último ano Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, con 73.403 ocupados máis (3,9 %) ; Comercio suma 56.236 (2,2 %) e Hostalaría, con 55.703 (3,5 %).
A serie diaria superou os 21,4 millóns de afiliados durante once días e de forma continuada entre os días 15 e 25 de xullo.
Maior crecemento do emprego que as outras grandes economías europeas
A creación de emprego en España (+9,4 %) supera á dos grandes países europeos (Francia, +5,2 %; Italia, +3,9 %; Alemaña, +1,7 %) en comparación co nivel anterior á pandemia. Tamén o dinamismo é maior que nestes países desde o inicio da guerra de Ucraína. En España, creceu un 7,4 %, fronte ao 4,9 % de Italia, o 2,3 % rexistrado en Francia ou o 1,9 % en Alemaña.
Hai máis de 10 millóns de mulleres afiliadas
En xullo, rexístranse 10,05 millóns de ocupadas de media. As afiliadas representan máis do 47% do total de ocupados.
O crecemento do emprego feminino é do 11,8 % desde o ano previo á pandemia e supera en 4 puntos ao incremento producido entre os homes, que é do 7,8 %. En termos interanuais, tamén crece máis a afiliación das mulleres: 2,7 %; fronte ao 2% dos homes.
O emprego dos mozos tamén mostra un dinamismo por encima da media, cun aumento do 15,5 % desde 2019, 5,9 puntos máis que o conxunto (9,6 %) , e do 21,4 % desde a posta en marcha da reforma laboral, máis do dobre que o incremento total (7,9 %).
Pola súa banda, o número de traballadores autónomos está en niveis máximos desde 2008. O pasado mes, o número de afiliados por conta propia situouse en 3.381.485.
Ocupacións de alto valor engadido
O incremento da afiliación respecto ao nivel previo á pandemia é especialmente intenso en sectores de alto valor engadido, como Información e Comunicación e Actividades Profesionais, Científicas e Técnicas. Estas actividades arroxan tamén crecementos significativos na primeira metade de 2024, con aumentos superiores ao 4%, fronte ao 2,8 % da media nacional.
Maior estabilidade: 3,5 millóns de traballadores máis con contrato indefinido desde a aprobación da reforma laboral
Na actualidade, hai máis de 14 millóns de ocupados con contrato indefinido, dos que máis de 9,6 millóns traballan a tempo completo. Supoñen 3,5 millóns de afiliados (3.497.939) con contrato indefinido máis desde a aprobación da reforma laboral.
No último ano, os afiliados con contratos indefinidos a tempo completo crecen con maior intensidade (364.931 máis) que os de tempo parcial (89.498 máis) , mentres que diminúen os fixos descontinuos (12.929 menos).
O dinamismo do mercado laboral e o incremento da calidade do emprego está a contribuír a reforzar a sustentabilidade do sistema de pensións, cun aumento das cotizacións sociais do 7,5 % nos seis primeiros meses do ano, e a ratio cotizante por pensionista sitúase en 2,43, niveis máximos desde 2011.
Información adicional no Excel e na web:
https://w6.seg-social.es/PXWeb/pxweb/es