La secretaria de Estado de Migraciones, Pilar Cancela, viaja a Baleares para habilitar nuevos recursos de atención humanitaria
08/07/2025
Migracións
A secretaria de Estado de Migracións, Pilar Cancela, viaxa a Baleares para habilitar novos recursos de atención humanitaria
Topics:
Share on social networks:
A secretaria de Estado de Migracións, Pilar Cancela, viaxará mañá mércores a Iles Balears, en concreto a Ibiza e a Palma. O obxectivo da visita é, en colaboración con outros Ministerios e a Delegación do Goberno de Illes Balears, atopar recursos e habilitar espazos para a primeira acollida e atención temporal das persoas migrantes tras a súa chegada a costa.
Ademais, Cancela manterá diferentes reunións con responsables das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e entidades sociais, e visitará o peirao de Botafoc, en Ibiza, onde a Autoridade Portuaria de Baleares cederá un espazo para a atención humanitaria. Pola tarde, en Palma, reunirase con diferentes entidades colaboradoras do Ministerio na atención humanitaria e protección internacional para coordinar a resposta antes as chegadas ao arquipélago.
Esta visita, pechada hai máis dunha semana con todas as partes implicadas, enmárcase no plan de continxencia impulsado polo Goberno de España para atender as necesidades de Baleares, tras o incremento de chegadas de persoas procedentes da África subsahariana ao arquipélago.
Este plan de continxencia e resposta inclúe, así mesmo, un incremento da coordinación de todos os axentes implicados, o que inclúe ás Forzas e Corpos de seguridade do estado e as entidades colaboradoras do Sistema de Acollida de Protección Internacional e Asistencia Humanitaria.
A secretaría de Estado de Migracións atenderá aos medios ás 11:30 da mañá na sede da Dirección Insular da Administración Xeral do Estado (DIAGE) de Eivissa para dar máis detalles.