Subdirección Xeral de Intervención e Fiscalización do Sistema da Seguridade Social

Sra. Dña. María Jesús Morala Gómez

Functions

  1. Estudar e propor a resolución das discrepancias que se susciten como consecuencia da función fiscalizadora, cando esta fose exercida por algunha das súas Intervencións delegadas.
  2. Verificar a actuación das referidas Intervencións delegadas no exercicio das funcións fiscalizadoras e interventoras.
  3. Propoñer a resolución de consultas e informes en materias da súa competencia.
  4. Elaborar e propoñer a aprobación das normas e instrucións precisas para o mellor exercicio da función interventora.
  5. Propoñer criterios uniformes de actuación na materia.
  6. Analizar as actuacións que poidan dar orixe a expedientes de responsabilidade contable ou doutro tipo como consecuencia do exercicio da función interventora ou de control financeiro no ámbito da Seguridade Social, de acordo coa normativa vixente, para o que constituirá no seu seo a Unidade de Responsabilidades Contables, cuxo nivel orgánico será o que se lle atribúa na correspondente relación de postos de traballo, dedicada ao seguimento e impulso das actuacións de exixencia de responsabilidade ou equivalentes.
  7. Formular as propostas de fiscalización previa dos actos de contido económico das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social sometidos a esta modalidade de control nos seguintes casos:
    1. Cando a aprobación dos ditos actos corresponda ao Consello de Ministros, as Comisións Delegadas do Goberno ou cando sexa preceptivo o ditame do Consello de Estado da Dirección Xeral do Servizo Xurídico do Estado.
    2. Cando a aprobación dos referidos actos supoña unha modificación doutros que fiscalizase o interventor xeral da Seguridade Social.
    3. Cando a Intervención Xeral da Seguridade Social, facendo uso das súas facultades, abocase para si calquera acto ou expediente.
  8. Ter coñecemento acerca dos recursos e reclamacións que interpoñan os Delegados da Intervención Xeral da Seguridade Social ante os órganos correspondentes, así como preparar e tramitar aqueles que o Interventor Xeral da Seguridade Social tivese que presentar.
  9. Propoñer as designacións que procedan relativas á intervención dos investimentos.
  10. Realizar os estudos e informes que no ámbito das súas competencias se lle encomenden.