Subdirección Xeral de Orzamentos da Seguridade Social

Sra. Dña. Paula Sánchez Toro

Functions

  1. A elaboración do anteproxecto de orzamentos da Seguridade Social, de conformidade coa política de protección social establecida polo Goberno, así como establecer a coordinación con outros departamentos en materia orzamentaria da Seguridade Social.
  2. A xestión económico-orzamentaria das transferencias correntes e de capital, así como de calquera outro ingreso a favor da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, dentro dos créditos do servizo «Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións» integrado no orzamento do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
  3. Promover e cuantificar as achegas do orzamento do Estado esixidas para amparar a protección da Seguridade Social atendida por aquel en cada exercicio.
  4. O seguimento, coordinación e adecuación financeira da xestión correspondente ás pensións asistenciais subsistentes por invalidez e xubilación reguladas na Lei 45/1960, do 21 de xullo, pola que se crean determinados fondos nacionais para a aplicación social do imposto e do aforro.