Subdirección General de Seguridad Social de los Trabajadores del Mar
Subdirección Xeral de Seguridade Social dos Traballadores do Mar
Functions
- A ordenación administrativa da xestión e o control do dereito ás prestacións económicas e outras prestacións a curto prazo do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar recoñecidas ao abeiro da normativa nacional e de regulamentos comunitarios.
- A xestión. Recoñecemento, administración e control do dereito ás prestacións económicas do Réxime Especial da Seguridade Social dos traballadores/as do Mar recoñecidas ao abeiro dos convenios bilaterais de Seguridade Social.
- A ordenación administrativa da xestión e o control do dereito ás prestacións por desemprego e ás prestacións por cesamento de actividade dos traballadores autónomos cando estes últimos teñan cubertas as continxencias profesionais co Instituto Social da Mariña.
- A administración e o control da emisión da tarxeta sanitaria europea e dos formularios de dereito á asistencia sanitaria prestada noutros países, así como a xestión e proposta de pagamento dos gastos correspondentes aos reembolsos por asistencia sanitaria prestada noutro Estado ao abeiro dos instrumentos internacionais de Seguridade Social.
- En colaboración coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a dirección, impulso, control e implantación das instrucións de servizo en materia de encadramento, inscrición de empresas, afiliación, altas, baixas e variación de datos dos traballadores incluídos no Réxime Especial de Seguridade Social dos traballadores do Mar, de xestión de convenios especiais, de inscrición das embarcacións e dos artefactos flotantes, de cotización e de recadación en período voluntario.
- O apoio técnico e a colaboración en materia de convenios, acordos, tratados e organizacións internacionais, no ámbito das súas competencias.
- A colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social a través do plan anual de obxectivos.
- A administración e o control do dereito á percepción e mantemento de axudas públicas por parada da flota, así como a proposta do gasto correspondente á xestión que nesta materia se lle poida encomendar ao Instituto Social da Mariña, actuando nesta ámbito como organismo intermedio de xestión do Fondo Europeo de Pesca.