Subdirección Xeral de Dirección Planificación e Xestión da Contabilidade do Sistema da Seguridade Social

Sra. Dña. María Dolores Martínez Sánchez

Functions

  1. Elaborar os proxectos de adaptación do Plan Xeral da Contabilidade Pública ás entidades que integran o sistema da Seguridade Social, que a Intervención Xeral da Seguridade Social ha de someter á decisión da Intervención Xeral da Administración do Estado.
  2. Promover o exercicio da potestade regulamentaria en orde á estrutura, xustificación, tramitación e rendición das contas e demais documentos relativos á contabilidade pública no ámbito da Seguridade Social.
  3. Elaborar e propoñer a aprobación das resolucións, instrucións, circulares e ordes de servizo que, como centro directivo da contabilidade pública no ámbito da Seguridade Social, corresponda ditar á intervención Xeral da Seguridade Social.
  4. Organizar, dirixir e impulsar a informatización da contabilidade nos centros, servizos e dependencias da Entidades Xestoras, servizos Comúns e Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, para cuxos efectos poderá solicitar a colaboración dos órganos que teñan atribuídas en cada caso a xestión dos referidos medios de que dispoñan os centros informáticos, servizos e dependencias.
  5. Formar a Conta Xeral da Seguridade Social e os seus documentos complementarios, previas as consolidacións e agregacións que en cada caso procedan.
  6. Solicitar a presentación das contas, estados e demais documentos que teñan que renderse ao Tribunal de contas.
  7. Examinar as contas que se deban render ao Tribunal de Contas por conduto da Intervención Xeral da Seguridade Social, formulando, se é o caso, as observacións que considere necesarias.
  8. Centralizar a información deducida ou relacionada coa contabilidade das Entidades xestoras, Servizos Comúns e Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
  9. Vixiar e impulsar a actividade das oficinas de contabilidade das Entidades Xestoras, Servizos Comúns e Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais das Seguridade Social, así como asesorar e emitir ditames en materia contable, e exercer as competencias de inspección contable atribuídas á Intervención Xeral da Seguridade Social.
  10. Centralizar, compilar e sistematizar a información relativa á Seguridade Social, que teña que enviarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para a elaboración das contas económicas do sector público ou para a elaboración de previsións, análises e informes sobre a súa actuación, deducidos da contabilidade das Entidades Xestoras, Servizos Comúns e Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
  11. Realizar os estudos e informes que no ámbito das súas competencias se lle encomenden.
  12. Comprobar e controlar o seguimento dos indicadores e obxectivos das Entidades Xestoras e Servizos Comúns segundo o previsto no artigo 126.1. da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria (BOE do 27-11-2003).