Subdirección General de Control Financiero del Sistema de la Seguridad Social
Subdirección Xeral de Control Financeiro do Sistema da Seguridade Social
Functions
- Desenvolver, no ámbito da Seguridade Social e no marco do Plan Anual de Auditorías, as funcións que corresponden á Intervención Xeral da Seguridade Social en materia de control financeiro, xa sexa directamente ou a través das Intervencións delegadas, nos termos, condicións e alcance que se determine en cada caso.
- Desenvolver, no marco do Plan Anual de Auditorías, xa sexa directamente ou a través das Intervencións delegadas, as funcións que corresponden á Intervención Xeral da Seguridade Social en materia de control financeiro, con relación aos beneficiarios e entidades colaboradoras, por razón das subvencións e axudas concedidas con cargo aos orzamentos das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social, nos termos, condicións e alcance que en cada caso se determine.
- Realizar directamente ou a través das Intervencións delegadas da Intervención Xeral da Seguridade Social os controis financeiros que se determinen para avaliar a xestión dos programas orzamentarios das Entidades Xestoras, Servizos Comúns e Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
- Elaborar e tramitar, en base aos informes emitidos polas Intervencións delegadas ou por ela mesma, os informes agregados sobre o seguimento de programas orzamentarios que deba render a Intervención Xeral da Seguridade Social.
- Desenvolver no ámbito da Seguridade Social as auditorías de sistemas e procedementos incluídos no plan de actuacións de control financeiro.
- Formular as propostas de sistemas alternativos ou de modificación dos existentes con vistas á mellora da xestión.
- Coordinar as actuacións de control financeiro permanente desenvolvidas polas Intervencións delegadas no seu ámbito de competencias de acordo cos artigos 157 a 161 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria (BOE 27-11-2003).
- Elaborar, en base aos informes emitidos polas Intervencións delegadas e por ela mesma, o informe anual e os informes de actuación aos que se refiren os artigos 36 e 37 do Real Decreto 70/1996, de control interno exercido pola Intervención Xeral da Seguridade Social.
- Elaborar e propor a aprobación das resolucións, instrucións, circulares e ordes de servizos necesarias para a realización dos controis financeiros a que se refiren os puntos anteriores.
- Realizar os estudos e informes que no ámbito das súas competencias se lle encomenden.