Los hogares beneficiarios del Ingreso Mínimo Vital superan los 745.000
31/01/2024
Prestacións
Os fogares beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital superan os 745.000
Topics:
- A prestación chegou a 2.194.953 persoas, das que o 43,4 % son menores
- O número de fogares perceptores alcanzou os 747.147 e en dúas de cada tres familias a titular é unha muller
- As prestacións con Complemento de Axuda para a Infancia superan xa as 460.000
Share on social networks:
O Ingreso Mínimo Vital (IMV) chegou ata xaneiro a 747.147 fogares nos que viven 2.194.953 persoas, segundo a estatística publicada polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Esta prestación, que aboa a Seguridade Social, está a ter unha especial incidencia na redución da pobreza infantil posto que, do total de beneficiarios, un 43,4 % son menores (953.387). Ademais, se o consideramos polo número de fogares, no 68,3 % hai polo menos un menor (510.655).
Segundo estes datos, en dous de cada tres fogares a titular da prestación é unha muller e, se se ten en conta o total de beneficiarios, o 53,9 % son mulleres (1.184.206).
Respecto ao número de prestacións co Complemento de Axuda para a Infancia (CAPI) , alcanzaron xa as 460.061. O CAPI, que entrou en vigor en xaneiro de 2022, é unha axuda de 115 euros por fogar ao mes no caso de nenos de 0 a 3 anos; de 80,5 euros ao mes por cada neno entre 3 e 6 anos e de 57,5 euros ao mes por cada menor de entre 6 e 18 anos.