Los beneficiarios del Ingreso Mínimo Vital superan los 1,86 millones
30/06/2023
Prestacións
Os beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital superan os 1,86 millóns
Topics:
- A prestación chegou a 1.868.172 persoas, dos que o 43% son menores
- O número de fogares perceptores alcanzou os 646.084 e en dous de cada tres prestacións a titular é unha muller
- As prestacións con Complemento de Axuda para a Infancia superan as 383.053
Share on social networks:
O Ingreso Mínimo Vital (IMV) alcanzou a 646.084 fogares nos que viven 1.868.172 persoas, segundo a estatística publicada polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ata finais de xuño. Esta prestación, que aboa a Seguridade Social, está a ter unha especial incidencia na redución da pobreza infantil posto que, do total de beneficiarios, un 43% son menores (808.270). Ademais, se temos en conta o número de fogares, en case o 67% hai polo menos un menor (435.369).Segundo
estes datos, en dous de cada tres fogares a titular da prestación é unha muller e, se se ten en conta o total de beneficiarios, o 54% son mulleres (1.010.939).
Respecto ao número de prestacións co Complemento de Axuda para a Infancia (CAPI) , son xa 383.053. O CAPI, que entrou en vigor en xaneiro de 2022, é unha axuda de 115 euros por fogar ao mes no caso de nenos de 0 a 3 anos; de 80,5 euros ao mes por cada neno entre 3 e 6 anos e de 57,5 euros ao mes por cada menor de entre 6 e 18 anos.