Las horas efectivas trabajadas en el último trimestre de 2023 aumentan un 9,1% desde niveles prepandemia
25/04/2024
Horas cotizadas
As horas efectivas traballadas no último trimestre de 2023 aumentan un 9,1 % desde niveis prepandemia
Topics:
- Mantense o incremento das horas efectivas grazas ao aumento do número de cotizantes e ao de horas traballadas por estes
Share on social networks:
O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicou a estatística de horas traballadas efectivas e horas cotizadas do último trimestre de 2023. Esta información está calculada a partir das cotizacións sociais aboadas polas empresas. Os datos publícanse de forma trimestral cunha serie que se inicia en xaneiro de 2019.
Trátase dunha estatística baseada en datos administrativos, elaborada a partir das horas cotizadas e das relacións laborais por cotizante informadas á Seguridade Social. Para calcular as horas efectivas traballadas é necesario descontar as horas dos traballadores en situación de ERTE, incapacidade temporal e dos que se atopen percibindo outras prestacións (nacemento e coidado do menor, risco durante a lactación natural e risco durante o embarazo). Estas horas cotizadas corrixidas destas situacións suspensivas ou, o que é o mesmo, horas efectivamente traballadas son no último trimestre de 2023 un 9,1 % superiores ás do último trimestre de 2019, se se comparan os datos de cada trimestre.
Para evitar a volatilidade que existe entre os diferentes trimestres e poder apreciar a evolución a medio prazo das horas efectivas traballadas, inclúese un índice baseado na media móbil de catro trimestres. Este índice situouse no último trimestre de 2023 en 109,1 puntos, sendo 100 o dato correspondente ao último trimestre de 2019, o que significa que as horas efectivas traballadas experimentaron un incremento do 9,1 % respecto ao nivel previo á pandemia.

Fonte: Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS).
Este incremento do 9,1 % das horas efectivas traballadas débese fundamentalmente á combinación do aumento do número de cotizantes do Réxime Xeral da Seguridade Social neste período (8,4 %, o que supón máis de 1,25 millóns de persoas) , e ao feito de que as horas efectivas por cada cotizante son un 0,7 % superiores aos niveis prepandemia.
Como se pode apreciar no gráfico inferior, a evolución que mostra este índice coincide en gran medida cos datos correspondentes á Enquisa Trimestral de Custo Laboral (ETCL) do INE, que mostra un aumento do 9,5 % nas horas efectivas traballadas respecto ao período prepandemia. A enorme coincidencia tanto en nivel como en evolución temporal de dúas estatísticas tan distintas proporciona robustez ao comportamento que se deduce delas. En cambio, como pode apreciarse no mesmo gráfico, ambas as estatísticas proporcionan resultados significativamente máis elevados que os observados nos últimos datos dispoñibles das estatísticas da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e da Contabilidade Nacional Trimestral (CNTR) , segundo as cales no cuarto trimestre de 2023 as horas efectivas traballadas apenas terían aumentado un 3,5 % e 2,4 %, respectivamente, respecto ao nivel previo á pandemia. Obsérvase tamén que se produce unha ruptura da relación destas series a partir de finais de 2021.
(*) Observación: A comparativa restrínxese ao ámbito poboacional da ETCL (principalmente seccións de actividade da B á S da CNAE-09) , salvo para CNTR que inclúe ata a sección T.
FONTES: Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) , Enquisa Trimestral de Custo Laboral (ETCL) , Enquisa de Poboación Activa (EPA) e Contabilidade Nacional Trimestral (CNTR).

Explicación do informe estatístico publicado
Este informe estatístico, de carácter trimestral, nútrese dos datos de cotización por continxencias comúns da TGSS, así como da Estatística de Convenios Colectivos de Traballo, do Ministerio de Traballo e Economía Social.No
informe, aparecen os datos que se indican a continuación:
-Na segunda columna aparece a media da cifra de cotizantes do Réxime Xeral no devandito trimestre.-
Na terceira columna (1) aparece a cifra das horas cotizadas para o conxunto dos traballadores do réxime xeral. Na metodoloxía pódese consultar como se calcula esta cifra, que combina datos de cotización observados e datos imputados.
-As columnas (2) , (3) e (4) expresan as horas cotizadas de traballadores en situación de ERTE, en Incapacidade Temporal e percibindo outras prestacións.
-A sétima columna (5) reflicte as horas traballadas efectivas, é dicir, as horas cotizadas en cada un dos trimestres, descontados os períodos en ERTE, Incapacidade Temporal ou noutras prestacións.
-A dúas últimas columnas reflicten a media móbil de catro trimestres das horas efectivas traballadas e o índice construído a partir deste dato, respectivamente. Esta operación permite eliminar a volatilidade entre trimestres para calcular a evolución a medio prazo real das horas efectivas.

Informacións adicionais no Excel: https: / / *run.gob.es / otf75b4a
e WEB:https: / /* run.gob.es / otf070d 0