Foro para la Integración Social de los Inmigrantes
Foro para a Integración Social dos Inmigrantes
Functions
- Formular propostas e recomendacións tendentes a promover a integración dos inmigrantes e refuxiados na sociedade española.
- Recibir información dos programas e actividades que, en materia de integración social das persoas inmigrantes leva a cabo a Administración Xeral do Estado, así como aqueloutros desenvolvidos en cooperación con outras Administracións públicas. Así mesmo, recibir información dos plans e programas propios das administracións autonómicas e locais.
- Solicitar e canalizar as propostas das organizacións sociais con actividade no ámbito da inmigración, con vistas a facilitar a perfecta convivencia entre as persoas inmigrantes e a sociedade de acollida.
- Elaborar unha memoria anual sobre os traballos e actividades realizadas.
- Elaborar un informe anual sobre a situación da integración social dos inmigrantes e refuxiados.
- Elaborar informes sobre as propostas, plans e programas que poidan afectar á integración social das persoas inmigrantes, por iniciativa propia ou cando lle sexan requiridos polos órganos competentes da Administración Xeral do Estado.
- Promover ou elaborar estudos e iniciativas sobre asuntos relacionados coa integración social dos inmigrantes e refuxiados.
- Cooperar con outros órganos análogos de ámbito internacional, autonómico ou local con vistas a coordinar e mellorar todas aquelas actuacións que redunden en beneficio da integración social das persoas inmigrantes e refuxiados.
- Cantas outras actuacións se consideren necesarias en relación coa integración na sociedade española dos inmigrantes legalmente establecidos, así como calquera outra que as disposicións vixentes lle atribúan.